Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Os alumnos recibirán nos días previos á actividade unha enquisa individual que deberán cubrir para a xornada presencial na aula. Na mesma haberá cuestións sobre:
Colectores
Instalacións municipais relacionadas cos residuos (Planta de Nostián e Puntos Limpos)
Xeración total e porcentaxes de residuos de distinta natureza nos nosos domicilios
Separación selectiva
Destinos finais e aproveitamentos futuros dos residuos
Servizo municipal:
Medio Ambiente
Tipo de actividade:
Complementaria
Localización do centro:
Só da Coruña
Titularidade do centro:
Público, Concertado, Privado
Obxecto:
Obxectivos
Coñecer cales son as súas dúbidas sobre o plan de residuos coruñés, a partir das súas enquisas.
Concienciar da separación en orixe de residuos.
Participar en tarefas de redución, reutilización e reciclaxe de residuos da escola para contribuír á conservación e mellora do medio natural.
Reflexionar sobre as posibles solucións e actuacións coherentes para a conservación do medio natural ante a produción de residuos.
Contidos
Os residuos que xeramos na casa e no colexio.
Os colectores da nosa cidade.
A separación en orixe dos residuos.
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 3º e 4º de ESO.
Recursos materiais:
Proxector, computador, cuestionario.
Inscricións:
Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023
Horario:
Sesión de 60 minutos de duración.
Xa na xornada na aula, reflexionarase sobre as respostas dos diferentes alumnos e alumnas e proxectaranse vídeos sobre as consecuencias reais do consumo excesivo das sociedades desenvolvidas. Acompañando a cada un, mostrarase tamén mediante un audiovisual as solucións locais propostas a cada situación relacionada cos residuos.
Contacto:
Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible