Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

O punto limpo 2023-24

Percorrido polas instalacións do punto limpo (de Eirís ou dos Rosales). Por que depositamos aquí estes residuos e non nos colectores das rúas? Na visita identifícanse os distintos depósitos, colectores e o destino final dos residuos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Obxectivos

  • Identificar os diferentes tipos de residuos que producimos.
  • Recoñecer os "outros residuos": os que non depositamos nos colectores das rúas.
  • Coñecer o funcionamento e o obxectivo da instalación.
  • Fomentar o uso responsable e o correcto depósito dos residuos nos Puntos Limpos.
  • Reflexionar sobre as posibles solucións e actuacións coherentes para a conservación do medio natural ante a produción de residuos.

Contidos

  • Visita guiada pola instalación: Distintos colectores e funcionamento da planta.
  • Os residuos tóxicos e perigosos.
  • Os residuos voluminosos.
  • A importancia dos Puntos Limpos

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º a 4º de EP.

Recursos materiais:

Punto Limpo (de Eirís ou dos Rosales). Fichas explicativas de cada tipo de residuos. Residuos para depositar nos colectores.

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Horario:

Sesión de 90 minutos de duración.

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión