Concello da Coruña

Concello da Coruña

A outra veciñanza 2020-2021

A presenza de animais acompañando as nosas vidas na cidade é cada vez máis frecuente. Da man diso, nos últimos anos aparecereon diversas normativas que intentan xestionar a súa tenza e adiantarse ou reconducir problemas que enturbian a relación entre os seres humanos e os animais. Promover un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo obxecto de críticas polas molestias que xera: as especies silvestres que comparten con nós a cidade. Ratos, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

ESO, BAC e FP.

Áreas de interese: "Valores éticos" na ESO.

Obxecto:

  • Coñecer os deberes, compromisos e satisfaccións da tenza responsable de especies de compañía. 
  • Analizar problemas que os animais de compañía poden causar na convivencia cidadá e a forma de prevelos. 
  • Informar da existencia e funcionamento do Servizo Municipal de Recollida e Adopción de Animais. 
  • Identificar a variedade de especies e animais de compañía dispoñibles no mercado e as súas implicacións na conservación da biodiversidade. 
  • Valorar os outros habitantes silvestres da nosa cidade e as implicacións na biodiversidade e a xestión municipal. 

Estrutura

  • Charla interactiva- 60´
  • Obradoiros- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexión- 90´
  • Como consecuencia da pandemia da Covid-19, son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, atendendo ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que poidamos visitar na saída educativa. 

Cando:

Dende o 01/10/2020 ata o 30/06/2021

Desde o 01/10/2020 até que finalice o curso escolar

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/10/2020 ata o 16/10/2020

Ficha de solicitude

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

educacionambiental@coruna.es

981 903 834

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión