Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A presenza de animais acompañando as nosas vidas na cidade é cada vez máis frecuente. Da man diso, nos últimos anos aparecereon diversas normativas que intentan xestionar a súa tenza e adiantarse ou reconducir problemas que enturbian a relación entre os seres humanos e os animais. Promover un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo obxecto de críticas polas molestias que xera: as especies silvestres que comparten con nós a cidade. Ratos, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Medio Ambiente
Tipo de actividade:
Complementaria
A quen vai dirixido?:
ESO, BAC e FP.
Áreas de interese: "Valores éticos" na ESO.
Obxecto:
Coñecer os deberes, compromisos e satisfaccións da tenza responsable de especies de compañía.
Analizar problemas que os animais de compañía poden causar na convivencia cidadá e a forma de prevelos.
Informar da existencia e funcionamento do Servizo Municipal de Recollida e Adopción de Animais.
Identificar a variedade de especies e animais de compañía dispoñibles no mercado e as súas implicacións na conservación da biodiversidade.
Valorar os outros habitantes silvestres da nosa cidade e as implicacións na biodiversidade e a xestión municipal.
Estrutura
Charla interactiva- 60´
Obradoiros- 60´
Saídas, conclusións e reflexión- 90´
Como consecuencia da pandemia da Covid-19, son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, atendendo ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que poidamos visitar na saída educativa.
Cando:
Dende o 01/10/2020 ata o 30/06/2021
Desde o 01/10/2020 até que finalice o curso escolar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible