Programa de educación ambiental dirixido a coñecer os distintos tipos de animais da nosa cidade e fomentar unha tenza responsable dos animais domésticos.
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
ESO, BACH e FP.
Áreas de interese: "Valores éticos" en ESO.
A presenza de animais acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. De man diso, nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenza, tentando adiantarse ou reconducir problemas que enturban a relación entre seres humanos e animais. Fomentar un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo branco de críticas polas molestias que xeran: as especies silvestres que comparten connosco a cidade. Ratas, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.
Estrutura
Como consecuencia da pandemia da Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc que poidamos visitar na saída educativa
Dende o 02/01/2024 ata o 21/06/2024
Xa rematou
Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023
Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.
981903834
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible