Programa de educación ambiental dirixido a coñecer os distintos tipos de animais da nosa cidade e fomentar unha tenza responsable dos animais domésticos.
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
ESO, BACH e FP.
A presenza de animais acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. De man diso, nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenza, tentando adiantarse ou reconducir problemas que enturban a relación entre seres humanos e animais. Fomentar un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo branco de críticas polas molestias que xeran: as especies silvestres que comparten connosco a cidade. Ratas, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.
Estrutura
Como consecuencia da pandemia da Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que podamos visitar na saída educativa
Áreas de interese:
Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Tel.: 981 184 315
Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal
Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2024-2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible