Concello da Coruña

Concello da Coruña

A pandemia 2021-22

Ata ben entrado o século XX os virus constituían un misterio invisible. Eran de transcendental importancia, pero non detectables como o neutrón, por poñer un exemplo. Os descubrimentos microbianos de Anton van Leeuwenhoek non os detectaban, como tampouco os avances bacteriolóxicos de Pasteur ou Koch, 200 anos despois. De súpeto, un coronavirus cambiou por completo a nosa vida, como só o conseguiron antes as peores guerras da humanidade. Afondemos un pouco máis no coñecemento destes patóxenos.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

EI (5º, 6º), EP (de 1º a 6º), ESO (3º e 4º), BACH e EE.

Áreas de interese: "Ciencias da Natureza" en EP; "Bioloxía e Xeoloxía" e "Cultura Científica" en ESO e "Bioloxía e Xeoloxía" en BACH.

Obxecto:

  • Coñecer a terminoloxía empregada
  • Identificar os pasos que dan os virus dun hóspede a outro
  • Descubrir modos de transmisión e a replicación
  • Diferenciar virus de bacteria
  • Identificar as claves do coronavirus
  • Concienciar acerca de saúde pública e aspectos ambientais relacionados coa pandemia.

Estrutura

  • Charla interactiva- 60 ´
  • Obradoiro- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexión- 90´

Como consecuencia da pandemia da Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que podamos visitar na saída educativa

Cando:

Dende o 01/10/2021 ata o 22/06/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Ficha de solicitude

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

educacionambiental@coruna.es

981903834

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión