Programa de educación ambiental dirixido a recoñecer e valorar a importancia da auga e o seu consumo responsable.
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
Alumnado de 3.º a 6.º de EP, de 1.º e 2.º de ESO e EE.
A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución etc. De forma habitual as persoas usuarias obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. Como utilizamos este recurso? Que consecuencias producimos coas nosas actitudes?
Estrutura
O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:
A auga na natureza. 60 min. 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de EP
A ruta da auga na Coruña. 60 min. 5.º e 6.º de EP; 1.º e 2.º ESO
Xogo: A vida no río. 60 min. 3.º e 4.º de EP
Xogo: A auga na Coruña. 60 min. 5.º e 6.º de EP; 1.º e 2.º de ESO
A planta potabilizadora da Telva. 90 min. 5.º e 6.º de EP; 1.º e 2.º ESO.
De expedición polo río Mero. 90 min. 5.º e 6.º de EP; 1.º e 2.º ESO.
A planta depuradora de Bens. 120 min. 1.º e 2.º ESO.
Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Tel.: 981 184 315
Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal
Materiais de apoio:
Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2024-2025
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible