Concello da Coruña

Concello da Coruña

Antenas de información xuvenil 2024-25

O Departamento de Mocidade do Concello da Coruña, a través dos Espazos Municipais de Información Xuvenil, sitúan en centros públicos e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade, unha rede de pequenas sucursais informativas durante o curso escolar.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Juventud

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

  • Ter un mínimo de 15 anos e un máximo de 25 anos cumpridos a 31 de decembro.
  • Estar matriculado/a en unha escola pública (IES, CIFP, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Escola de Deseño Pablo Picasso e Conservatorio Profesional de Música), ou nun centro concertado con ESO e Bacharelato da cidade que asinou un convenio de incorporación ao Programa Antenas de Información Xuvenil.
  • Presentar candidatura individual ou conxunta, neste caso será ata dúas persoas por centro.
  • Ter dispoñibilidade para dedicar o tempo suficiente ao desenvolvemento das funcións de Antena e cumprir cos compromisos do Programa.
  • Non poderán presentarse quen exercese como Antena por un máximo de tres cursos e aquelas persoas que exercesen como Antena e demostrasen o incumprimento das compromisos que implica a participación no Programa.
  • Se o solicitante é menor de idade, deberá presentar un permiso da nai, pai ou quen exerza a turoría legal, autorizando a participación no Programa.

PROXECTOS DE NATUREZA SINGULAR

  • De forma excepcional, poderán presentar un proxecto de aula aqueles centros docentes do Concello da Coruña que xustifiquen que xa existen proxectos de información e dinamización da información xuvenil no centro, ou que o proxecto presentado sexa un proxecto de centro no que colaboran máis de 2 persoas e que o responsable do mesmo sexa un ou unha docente.
  • No caso de incorporar proxectos que reúnan as características anteriores, a compensación pola participación no programa recaerá no centro educativo e será a mesma que a concedida a un proxecto de antena tradicional.

Obxecto:

Crear unha rede de pequenos puntos de información, coñecidos como Antenas de Información Xuvenil, que conectan os Espazos de Información Xuvenil do Concello coa mocidade ao achegarse aos centros de educativos a través dun programa de difusión "de información entre iguais".

O Departamento de Mocidade do Concello da Coruña, a través dos Espazos Municipais de Información Xuvenil, sitúan en centros públicos e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade, unha rede de pequenas sucursais informativas durante o curso escolar.

Participan neste programa de dinamización e difusión da información IES, CIFP, a Escola Oficial de Idiomas, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música, entre outros.

Estes pequenos puntos de información, coñecidos como Antenas de Información Xuvenil, conectan os Espazos de Información Xuvenil do concello coa mocidade ao achegarse aos centros educativos a través dun programa de difusión "da información entre iguais".

Cada Antena de Información comprende:

  • Un espazo físico no centro desde no que se difundirá información de interese xuvenil proporcionada semanalmente polos Espazos Municipais de Información Xuvenil do Concello da Coruña.
  • Canles dixitais de interese xuvenil
  • E, o máis importante: unha persoa ou un grupo de persoas, as antenas

TEÑO ǪUE PRESENTAR UNHA PROPOSTA?

Unha das ferramentas para valorar as solicitudes presentadas e ver como podería ser o primeiro enfoque de cada posible Antena é o proxecto que acompaña á solicitude.

Este tería que incluír os seguintes puntos:

  1. Presentación de quen presenta (nome/s e curso, gustos e intereses, participación noutros proxectos do centro)
  2. Expectativas e intereses a respecto do programa Antenas de Información Xuvenil .
  3. Ideas e propostas de como dinamizar a información no teu centro.
  4. A adecuación ao centro, a orixinalidade e viabilidade do proxecto.

COMPROMISOS DAS ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL

  • Asistir ás accións formativas e reunións de coordinación que se convoquen.
  • Estar en comunicación permanente cos Espazos de Información Xuvenil.
  • Manter o espazo informativo e as canles dixitais de información actualizados semanalmente, de forma ordenada e atractiva.
  • Difundir a información de interese xuvenil a través dos medios de comunicación ao seu alcance: redes sociais, compañeiras/os de instituto, delegadas/os de clase etc.
  • Animar as/os compañeiras/os a participar da información e achegar inquedanzas, intereses, ideas ou opinións.
  • Manter en bo estado o material ou ferramentas cedidas polo Concello.

CONTRAPRESTACIÓNS DAS ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL

  • Recibir formación en materia de información xuvenil: dinamización da información, xestión de redes sociais etc.
  • Solicitar gratuitamente o carné internacional de estudante.
  • Obter un certificado oficial que acredite a participación no programa.
  • Recibir entradas a eventos organizados ó programados polo Concello (concertos, eventos deportivos, cinema, teatro...)
  • Compensación económica de 100,00 euros brutos por colaboración educativa. Esta compensación realizarase unha vez que se complete o proxecto anual. A compensación económica é por proxecto de antena, polo que no caso de que existan 2 persoas no proxecto, a compensación sería de 50,00 € para cada unha delas.

Cando:

Dende o 01/10/2024 ata o 30/05/2025

A convocatoria para o curso académico 2024/2025 publicarase na web dos Espazos de Información Xuvenil: www.coruna.gal/informacionxuvenil . Nesta web tamén se pode acceder ao formulario da solicitude e á información sobre o programa.

As solicitudes presentaranse, xunto coa documentación requirida, a través do correo electrónico cmix@coruna.gal no prazo habilitado para a recepción de solicitudes.

Inscricións:

As datas de inscrición están por determinar.

Contacto:

Espazos Municipais de Información Xuvenil

cmix@coruna.gal

981.184.294

www.coruna.gal/informacionxuvenil

Whatsapp/telegram 606.362.366

-----------------

Información Xuvenil Fórum

Rúa río Monelos, 1

Tel: 981.1842.94

Información Xuvenil Ágora

Lugar da Gramela, 17

Tel: 981.189.888

...............................

Información Xuvenil- Espazo Xuvenil Metrosidero

Avda. Metrosidero s/n- Naves do Metrosidero.

Tel: 981.189.895

Organiza:

Área de Benestar Social.

Servizo Municipal de Mocidade

xuventude@coruna.gal | 981184200 Ext 45129

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión