Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2020/2021.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Alumnado de educación primaria, con dificultades de aprendizaxe e/ou desvantaxe educativa que lle será indicada ao SME.
O obradoiro para a intervención nas dificultades da linguaxe e a escritura é unha actividade para previr, reducir e readaptar as dificultades no ámbito da linguaxe expresiva-cognitiva, a fala e a lecto-escritura que poidan presentar os nenos e nenas entre os 5 e os 11 anos.
OBRADOIROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA. LECTOESCRITURA- | |||||
C. CÍVICO | Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres |
Rosales | 17:30-19:30 | ||||
Castrillón | 18.30 - 20.30 | ||||
San Diego | 16.30 - 18.30 | ||||
Mesoiro | 18.00 - 20.00 | ||||
Elviña | 16:00-18:00 | ||||
Mallos | 16.15 - 18.15 | ||||
Novoboandanza | 16:00 - 18:00 | ||||
Labañou | 16:00 - 18:00 | ||||
Artesáns | 16:00-18:00 | ||||
Montealto | 18.00 - 20.00 | ||||
Monelos | 16.00 - 18.00 | ||||
Cidade Vella | 16:30- 18:30 |
Gratuíta
O taller impártese en 12 centros cívicos da cidade e asisten 84 persnoas. Trátase dun total de 21 talleres a realizar un día á semana cunha duración de dúas horas por sesión.
Condicións do programa:
Os grupos terán un máximo de 10 participantes (incluíndo docente).
-A partir de grupos de máis de 5 persoas, o servizo será prestado por dous docentes nos espazos asignados polo centro cívico correspondente.
-As actividades deberán adaptarse ás necesidades concretas do alumnado participante, con indicadores que permitan avaliar as accións que se van a desenvolver
Dende o 05/10/2020 ata o 31/05/2021
As datas de realización poden sufrir modificacións por motivos organizativos.
APLICARANSE OS PROTOCOLOS COVID DE RECEPCIÓN DO ALUMNADO E DE LIMPEZA.
Xa rematou
Inscricións do centro:
Cómpre remitir unha solicitude específica de derivación, que será enviada ao Servizo Municipal de Educación (SME); tanto desde o centro educativo como polo persoal técnico de Servizos Sociais. Propiciarase a coordinación entre ambos sempre que sexa posible.
Inscricións do alumnado:
Desde os centros educativos e os centros cívicos, sempre que conten con prazas suficientes, será a persoa encargada no SME quen realizará a inscrición oportuna na actividade, informará e coordinarase coas persoas profesionais implicadas.
Servizo Municipal de Educación
Teresa Delgado López
Tel.: 981 184 200, ext. 12039
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible