Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2020/2021
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Alumnado de Educación Secundaria, con dificultades de motivación, comprensión e aprendizaxe no ámbito das ciencias de entre 12 e 16 anos matriculado en centros educativos da Coruña. Será derivado ao SME.
OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA-CIENCIAS- | |||||
CENTRO CÍVICO | LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
CIENCIAS - Castrillón | 18:30- 20:00 | 18:30- 20:00 | 18:30- 20:00 | 18:30- 20:00 | |
CIENCIAS - Elviña | 16:30 - 18:00 | 16:30 - 18:00 | |||
Monte Alto | 17:00-18:30 | 16:00-17:30 | |||
CIENCIAS - Eirís | 16:30 - 18:00 | 16:30 - 18:00 |
Gratuíta
O taller impártese en 4 centros cívicos da cidade e asisten 19 persoas. Trátase dun total de 5 talleres a realizar un día á semana cunha duración de hora e media por sesión.
Condicións do programa:
-Os grupos terán un máximo de 10 participantes (incluíndo docente).
-A partir de grupos de máis de 5 persoas, o servizo será prestado por dous docentes nos espazos asignados polo centro cívico correspondente.
-As actividades deberán adaptarse ás necesidades concretas do alumnado participante, con indicadores que permitan avaliar as accións que se van a desenvolver
As datas de realización poden sufrir cambios por motivos organizativos.
Aplicaranse os protocolos de recepción do alumnado e de limpeza COVID-19.
Inscricións do centro:
Mediante a solicitude específica de derivación, que será enviada ao Servizo Municipal de Educación (SME); tanto desde o centro educativo como, de ser o caso, polo persoal técnico de Servizos Sociais.
Inscricións do alumnado:
Desde os centros educativos e os centros cívicos, sempre que conten con prazas suficientes, será a persoa encargada desde o SME quen realizará a inscrición oportuna á actividade, informará e coordinarase cos/as profesionais implicados/as.
Servizo municipal de Educación
Teresa Delgado López
Tel.: 981 184 200 ext. 12039
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible