O programa "Arte e cultura no centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.
Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "LUDIVERSO".
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Público
Alumnado de educación infantil e educación primaria dos centros públicos do municipio da Coruña.
A oferta de actividades formúlase en función dos seguintes tres tramos de idade.
De luns a venres das 16.00 ás 18.00 h
REQUISITOS:
O cociente mínimo para formar grupo establecerase segundo a liña de cada centro:
A partir de 20 desdobrarase o grupo. Con todo terase en conta as características do grupo para realizar un desdobre aínda cando o grupo non chegue a 20.
Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes ou non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións idóneas, facilitarase aos solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben se valorará conxuntamente coas familias substituír esa actividade por outra que si cumpra as condicións necesarias para a súa posta en marcha.
Se algún participante necesitase un apoio específico indicarase no formulario de inscrición. Esta solicitude de apoio será estudada pola Federación Provincial de Anpa para valorar a súa viabilidade.
O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización de talleres e proxectos do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
TIPO DE PROPOSTAS:
OBRADOIROS
A través do xogo, buscamos espertar o interese e desenvolver diversas habilidades culturais e sociais. Cada taller ten un enfoque único, pero todos comparten o obxectivo de aprender e socializar dunha maneira divertida e enriquecedora., combinando diferentes áreas de arte e Cultura.
CONTIDOS:
Actividades culturais e artísticas como o teatro, ciencia divertida, lóxica matemática, novas tecnoloxías, animación á lectura, etc. para todos os niveis:
E. INFANTIL 4º,5º e 6º CURSOS |
PRIMARIA 1º, 2º e 3º CURSOS |
PRIMARIA 4º, 5º e 6º CURSOS |
TEATRO Xogo Dramático |
TEATRO Dramatización |
COMEDIANTES Teatro. Monólogos |
COMECOCOS Xogos de Lóxica Matemática |
XENIOS Lóxica Matemática |
ESCAPE ROOM Pensamento Lóxico-Matemático |
EUREKA! Ciencia Divertida |
ABRACADABRA! Ciencia e Maxia |
ESCOLA DE MAXIA Matemáticas, Ciencia e Maxia |
COLORÍN COLORADO Animación á lectura. Contacontos |
CANTO CONTO Animación á lectura. Contacontos |
|
MANITAS Expresión Plástica e Manualidades |
DESEÑO DE SEU Expresión Plástica e Creatividade |
RECREARCHE Expresión Plástica e Creatividade |
ENREDADOS (*) Novas Tecnoloxías |
ENREDADOS (*) Novas Tecnoloxías |
|
MANS QUE HALAN Lingua de signos |
MANS QUE HALAN Lingua de signos |
MANS QUE HALAN Lingua de signos |
ECOCREA Multitalleres |
ECOCREA Multitalleres |
ECOCREA Multitalleres |
(*) A viabilidade do taller "ENREDADOS" está condicionado a que o centro educativo poña a disposición ou ceda os medios tecnolóxicos necesarios para poder levalo a cabo estas sesións.
Poderanse solicitar outros talleres e a Federación Provincial de ANPAS avaliará ditas propostas para decidir a súa realización.
TEMPORALIZACIÓN
Dúas sesións semanais de 1 hora, distribuídos en días alternos.
Excepto os talleres de MANS "QUE FALAN" e "ECOCREA" (só os venres), que terán 1 hora de duración semanal.
COTAS A ABONAR NO CURSO 2024-25
Abonaranse 3 cotas de 21€ ao longo do curso nos seguintes períodos:
As cotas dos talleres de Mans "que falan" e "Ecocrea" serán proporcionais á temporalización da mesma.
Todos os escolares inscritos abonarán unha única cota anual de 4€ en concepto de SEGURO DE ACCIDENTES, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas no período lectivo do curso 2024/2025.
O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de Bolsa "Comedor" para o curso 2024/2025, terá un desconto do 50% da cota.
LUDIVERSO
LUDIVERSO é unha emocionante aventura educativa onde as nenas e os nenos son os protagonistas da súa propia aprendizaxe. A partir de temas motivadores e a través do "traballo por proxectos", os pequenos exploran e aprenden de maneira divertida e interdisciplinaria. Cada actividade fomenta a investigación, a experimentación, o pensamento crítico e o traballo en equipo.
CONTIDOS:
Cada trimestre elíxese un tema central que guía todas as actividades. Os nenos e as nenas mergúllanse neste tema a través de diversos contidos que combinan arte, cultura e deporte: desde a expresión plástica e teatral ata a ciencia divertida e os xogos deportivos."Ludiverso" ofrece unha variedade de experiencias que inspiran e educan.
A elección da temática quedará suxeita a criterio técnico.
TEMPORALIZACIÓN E HORARIO:
Existen dúas modalidades ou opcións de horario a escoller entre unha delas:
METODOLOXÍA:
Traballo por proxectos, é dicir, desenvolver diversas actividades (físico-deportivas e culturais) ao redor dunha idea ou tema principal.
COTAS A ABONAR NO CURSO 2024-25
Haberá diferentes cotas trimestrais segundo as seguintes dúas modalidades de participación:
As cotas inclúen saídas culturais a espazos ou entidades da cidade, ou visitas de persoas de referencia, segundo o proxecto, ao propio centro.
Todos os escolares inscritos abonarán unha única cota anual de 4€ en concepto de SEGURO DE ACCIDENTES, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas no período lectivo do curso 2024/25.
O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de Bolsa "Comedor" para o curso 2024/2025, terá un desconto do 50% da cota.
Dende o 01/10/2024 ata o 20/06/2025
Dende o 01/08/2024 ata o 15/09/2024
A inscrición será en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos
Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña
Tel.: 981 202 002 // 981 201 877
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext. 10259
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible