STOP Accidentes xera un modelo de intervención socioeducativa dirixido á poboación nova, que necesita desprazarse, tanto en contornas urbanas coma interurbanas, de forma autónoma e son usuarios habituais de diferentes medios de transporte. Adaptamos a nosa metodoloxía a cada colectivo e actualizando contidos considerando sempre as diferentes idades e momento evolutivo dos participantes para traballar valores de convivencia na mobilidade.
Educación
Complementaria
Alumnado de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e estudos universitarios
O noso proxecto de prevención e formación busca xerar un espazo que reflexiona sobre os valores de convivencia cidadá na mobilidade que son parte do contido e marcan liñas de acción de responsabilidade, corresponsabilidade, solidariedade, prudencia e respecto.
Ámbito e temporalidade
Desenvólvese dentro do horario escolar. A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de STOP Accidentes dentro do curso escolar 2024-2025
Condicións para participar no programa
A actividade coordínase, por orde de inscrición e directamente co centro educativo.
Actividades
Actividade teórica: obradoiro de mobilidade sostible e segura. Duración 50´
Realízanse talleres de sensibilización na aula co apoio de contido multimedia e con dinámicas que facilitan a aprendizaxe significativa a través da participación activa. Cunha duración de 50´
Actividades prácticas opcionais: duración mínima dunha clase de 50 e máximo dúas clases no caso do simulacro
Ofrecemos, para complementar a parte teórica, diferentes actividades complementarias para captar a atención dos participantes e reforzar a adquisición de contidos.
Dende o 01/10/2024 ata o 15/06/2025
Desenvólvese dentro do horario escolar. A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de STOP Accidentes dentro do curso escolar 2024-25
Dende o 15/09/2024 ata o 30/05/2025
Inscrición telefónica ou por mail (ver Contacto).
STOP Accidentes Galicia
Avda. de Chile ,19 baixo, A Coruña
Responsable do programa: Angela M.ª Jiménez Quirós.
T: 981 289 368 / 667 309 450
Horario: 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h
Correo: aulasactivas@stopaccidentes.org
Facebook: https://www.facebook.com/stopgalicia
Instagram: https://www.instagram.com/stop.galicia/?hl=é
Twitter: https://twitter.com/GaliciaStop
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible