Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa IX

Programa inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Titulados de ciclos superiores de FP específica en en decembro de 2019 e xuño de 2020, nos centros educativos de FP adscritos ao programa: CIFP Anxel Casal, CIFP Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís e IES A Sardiñeira.

No caso das persoas tituladas en xuño de 2020, a súa participación quedará supeditada á xustificación de ter terminado o ciclo e superada a FCT.

Unha vez que se aproben as bases da IX edición publicaranse o resto dos requisitos para as persoas solicitantes.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Dotación da bolsa

As persoas participantes recibirán en concepto de bolsa unha axuda económica 1.500,00 € destinada a financiar os gastos de manutención no país de destino (alimentación, viaxes locais e demais gastos diarios).

Ademais financiaranse as viaxes e o aloxamento.

A contía total está calculada sobre a base dos importes establecidos polo SEPIE e a achega municipal e da Deputación.

Obxecto:

O obxecto deste programa é promover a aprendizaxe e a formación de mozos/as profesionais en Europa, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países, mediante a concesión de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas de diversos países de Europa.

Cos obxectivos de:

  • Apoiar a adquisición de competencias e mellorar o desenvolvemento persoal e as oportunidades de emprego
  • Mellorar a competencia en linguas estranxeiras
  • Aumentar a conciencia e comprensión doutras culturas e países
  • Asegurar un mellor recoñecemento das competencias adquiridas en períodos de aprendizaxe no estranxeiro

Servizos incluídos no programa

O programa inclúe os seguintes servizos para cada participante:

  1. Viaxes e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino
  2. Aloxamento no país correspondente durante o período da estadía
  3. Contrato de formación non laboral por unha empresa do país correspondente durante un período de 90 días
  4. Axuda económica para financiar a manutención durante a estadía
  5. Titorización da estadía e das prácticas formativas por persoal especializado, tanto da empresa como da organización intermediaria no país de destino
  6. Realización, como mínimo, de dúas xornadas de preparación específica para as persoas participantes no programa
  7. O acceso a un curso "en liña" dos idiomas dos países de destino
  8. Seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil
  9. Tramitación da documentación ante o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE)

Condicións do programa

Dentro do prazo de presentación de solicitudes, ademais de formalizar a ficha de inscrición na web www.coruna.gal/educación , as persoas interesadas deberán achegar unha serie de documentos nos rexistros municipais.

A selección realizarase tendo os seguintes criterios (por confirmar nas bases):

  1. Cualificación media final no ciclo formativo: ata 5 puntos
  2. Valoración do informe da titoría do centro onde a/o participante realizase os seus estudos: ata 5 puntos
  3. Cualificación do idioma estranxeiro: ata 10 puntos, de acordo co nivel de lingua estranxeira adquirido no Marco Común Europeo das Linguas
  4. Entrevista persoal: ata 3 puntos
  5. Por discapacidade da persoa solicitante igual ou superior ao 33%, sempre que a súa discapacidade non lle impida o desenvolvemento das prácticas formativas: 2 puntos

Entidades colaboradoras

Nove centros educativos públicos de FP da Coruña, con titulacións de grao superior adscritos ao proxecto, que xunto coa Deputación (que achega financiamento) e o Concello da Coruña conforman o Consorcio.

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que ten como misión xestionar a participación española no Programa Erasmus +.

Cando:

Dende o 01/06/2018 ata o 31/05/2020

O período de realización das prácticas formativas será de setembro a decembro de 2020 (por confirmar).

Duración das prácticas: 3 meses (90 días).

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 13/12/2018 ata o 28/12/2018

Inscrición alumnado

Na ficha específica

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200, ext. 12038

Fax: 981 184 370

educacion@coruna.es

Requisitos:

Segundo as bases do programa

Organiza:

Concello da Coruña, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) do Ministerio de Educación e a Deputación Provincial da Coruña

Documentos:

Folleto informativo (149 KB)

Bases Acoreuopa IX (163 KB)

Documentos relacionados

  • Acoreuropa VIII Bases (249 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión