Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bolsas Norteamérica 2025-2026

Programa no que ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, se lle ofrece a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato) no Canadá.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa, así como un coñecemento real doutra cultura.

DESTINATARIOS

Alumnado residente na Coruña que estea a cursar 4º de ESO durante o curso 2024/25 e que estea en condicións de cursar 1º de Bacharelato durante o curso 2025/26.

REQUISITOS

Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE).
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, de ser o caso, no Concello da Coruña no momento da solicitude.
  • Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro escolar da cidade da Coruña, no curso 2024-2025.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a, recollidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este requisito será comprobado só no caso de resultar adxudicatario, podendo dar lugar a que un solicitante inicialmente admitido pase a estar excluído por non cumprir este requisito na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

CONTÍA E TIPO DE BOLSA

O crédito total consignado para esta convocatoria é de 650.000 €. O custo/praza será o resultado de dividir o total do crédito destinado ao programa entre o total de prazas ofertadas pola empresa adxudicataria do contrato de xestión do programa (25 prazas).

A participación no programa de BOLSAS NORTEAMÉRICA 2025-2026 non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan, establecendo dous tipos de bolsa:

  • Bolsa total. Serán beneficiarias as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación entre 7 e 10 puntos no apartado da renda económica da unidade familiar nuclear.
  • Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 95% e un mínimo do 65% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que obteña entre 0 e 6 puntos no apartado da renda económica da unidade familiar nuclear. Por tanto, as familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo dun 35% do prezo da praza.

DIÑEIRO DE PETO

As persoas seleccionadas dispoñerán de 120 mensuais como diñeiro de peto para os seus gastos persoais.

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

  • Cualificación media obtida en 3º de ESO, ata un máximo de 5 puntos.
  • Cualificación final da materia de lingua estranxeira (inglés) en 3º de ESO, ata un máximo de 5 puntos.
  • Persoa con discapacidade. Nos casos en que se acredite a existencia dunha situación de discapacidade da persoa solicitante da bolsa, outorgaráselle 1 puntos na baremación.
  • Violencia no ámbito familiar. Nos casos en que se acredite a existencia de situación de violencia de xénero na unidade de convivencia da persoa solicitante da bolsa, outorgaráselle 1 punto na baremación. Non se terán en conta os ingresos da persoa agresora á hora de determinar a renda per cápita. Esta última condición acreditarase presentando a documentación que se indica no art. 5 da Lei 11/2017, do 27 de xullo, galega para a prevención e o Tratamento Integral da Violencia de Xénero.
  • Alumno/a solicitante pertencente a familia numerosa legalmente recoñecida: outorgaráselle 1 punto na baremación.
  • Situación de acollemento familiar do alumno/a solicitante: outorgaráselle 1 punto na baremación.
  • Alumno/a solicitante pertencente a unha familia coa condición de monoparentalidade: outorgaráselle 1 punto na baremación.
  • Segundo os ingresos económicos da unidade de convivencia, outorgarase ata un máximo de 10 puntos.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Resgardo da ficha de solicitude que se cubriu en liña, na que se acepta participar no programa e as bases que o regulan. Este documento debe de estar asinado pola persoa solicitante e os seus proxenitores ou representante legal.
  • Copia do DNI/NIE da persoa solicitante e de todas as persoas incluídas na unidade familiar, no caso de que non se autorice a consulta ou esta non sexa posible.
  • Certificado académico das cualificacións correspondentes a 3º da ESO (curso académico 2023-24).
  • Certificado de matrícula do curso 2024-25 onde conste o nome da persoa solicitante, os datos do centro e o curso no que a persoa solicitante está matriculada.
  • Libro de familia completo ou documento equivalente expedido por un organismo oficial que acredite a filiación ou, no caso de existir outra relación coa persoa solicitante, a documentación xudicial ou administrativa que verifique dito vínculo.
  • A situación de discapacidade da persoa solicitante ou dos irmáns/irmás da unidade familiar nuclear acreditarase co certificado expedido pola Xunta de Galicia ou organismo oficial competente na materia do grao de discapacidade, no caso de que non se autorice a consulta ou esta non sexa posible.
  • Se for o caso, documentación acreditativa da existencia de casos de violencia de xénero na unidade de convivencia, de conformidade co artigo 5 da Lei 11/2007, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
  • No caso das persoas solicitantes que se atopan en situación de acollemento familiar será necesario presentar copia da resolución administrativa ou xudicial que acredite esta circunstancia.
  • A situación de familia numerosa acreditarase presentando copia do título de familia numerosa, no caso de que non se autorice a consulta ou esta non sexa posible.
  • No caso de que non se autorice na solicitude a consulta de datos tributarios, deberanse achegar certificacións expedidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (en adiantes AEAT) das declaracións de IRPF individuais de ambos os proxenitores ou conxuntas, correspondentes ao exercicio 2022.
  • No suposto de familias monoparentais, achegarase acreditación documental das circunstancias familiares, tales como: título de familia monoparental, sentenza de divorcio e convenio regulador onde conste o relativo á custodia do menor, certificado de defunción (no caso de viudedaz) e libro de familia ou documento análogo que acredite o estado civil dos membros da unidade de convivencia.
  • Cando se teña acordada pensión de alimentos, ou exista dereito a ela, deberá achegarse a resolución xudicial máis recente que a estableza. No caso de que exista incumprimento total ou parcial do aboamento da pensión deberá achegarse copia da admisión a trámite da demanda de execución ou da denuncia presentada.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

A documentación complementaria do expediente (ver apartado 9 das bases) e o xustificante de confirmación da inscrición on-line, debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais, teñen que presentarse por rexistro para optar á bolsa.

O nome da persoa que debe de aparecer como interesada na solicitude presentada por rexistro debe de ser o da menor que solicita a bolsa.

O impreso municipal para a presentación da solicitude por rexistro é o Mod 001 solicitude xeral: https://sede.coruna.gal/descarga/1150716275584/mod001_Solicitude_xeral_campos-2.pdf

Os rexistros municipais facilitan copia dos mesmos (está dispoñible na sede electrónica).

A presentación da documentación pode facerse:

  • Nos rexistros municipais (María Pita, Franxa, Fórum metropolitano, Ágora e Centro cívico de Mesoiro), solicitando cita previa: https://sede.coruna.gal/sede/es/tramites-y-servicios-electronicos/cita-previa
  • No rexistro telemático da sede electrónica municipal: /sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/rexistro-electronico
  • En calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2012, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

O alumnado seleccionado está obrigado a:

  • Participar en cantos viaxes e reunións sexan convocadas, así como:
  • Facer efectivo, no seu caso, a porcentaxe que lle corresponda aboar do custo da súa participación no programa. Esta cantidade indicarase, xunto coa baremación do expediente, na relación definitiva de persoas seleccionadas, que será publicada na web educativa municipal (/educacion/gl)
  • O aboamento farase á empresa adxudicataria do contrato no momento en que se acepte a praza concedida polo Concello.
  • O incumprimento destas obrigas implicará a expulsión do programa e acordarase por resolución motivada do órgano competente.

PUBLICIDADE E TRANSPARENCIA

A selección do alumnado participante realizarase por parte do Concello en réxime de concorrencia competitiva. Esta selección efectúase de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade e non discriminación, aplicando os criterios de valoración fixados nas bases.
O procedemento para a selección do alumnado iniciarase de oficio mediante a correspondente convocatoria aprobada polo órgano competente do Concello e está publicada en:
O servizo municipal de Educación realizará as comunicacións aos participantes a través da páxina web municipal (/educacion/gl), sendo responsabilidade destes a consulta da mesma para obter a información relativa a: listaxes, prazos, convocatorias de reunións e outras cuestións relacionadas co programa.

Cando:

Dende o 01/08/2025 ata o 30/06/2026

A estadía no Canadá comezará en agosto ou setembro de 2025 e finalizará en xuño de 2026 (aprox.), incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa. 

Inscricións:

Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das bases e da convocatoria do programa no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP nº 244, do 20/11/2024). É dicir, do 21 de novembro ao 4 de decembro.

As persoas solicitantes deberán seguir os seguintes pasos para inscribirse no programa:

: Facer a inscrición en liña na web municipal de educación (www.coruna.gal/educacion) a través da ficha específica do programa. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se envía ao correo electrónico facilitado na solicitude e que debe ser achegado co resto de documentación a presentar no Concello para formalizar a solicitude. Este xustificante ten un número de asignación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso.

: Presentar por rexistro a documentación complementaria do expediente e o xustificante de confirmación da inscrición en liña (documento do apartado anterior) debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais.

O nome da persoa que debe de aparecer como interesada na solicitude presentada por rexistro debe de ser o do/da menor que solicita a bolsa.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 - Ext. 10911

educacion@coruna.gal

Documentos relacionados

  • Bases do programa publicadas no BOP num 224 (130 KB)
  • Bases das Bolsas Norteamérica 2025-2026 (Castelán) (922 KB)
  • Bases das Bolsas Norteamérica 2025-2026 (Galego) (946 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión