A Federación Provincial de ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa de "Campacole", que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Os campamentos realizaranse de luns a venres, excepto festivos, de 10.00 a 14.00 h e cos seguintes horarios segundo outros servizos:
COTAS DE INSCRICIÓN E SERVIZOS POR QUENDA
QUENDA 1º, de 4 días (do 23 ao 27 de xuño)
QUENDAS 2º e 3º, de 15 días (do 1 ao 15 e do 16 ao 31 de xullo)
As persoas que solicitan Campacoles e que son beneficiarias da bolsa comedor no curso 2024/2025, terán unha bonificación do 50 % de desconto na cota específica de Campacole. En todos os casos, os servizos de madrugadores e de comedor, aboaranse na súa totalidade.
Todos os escolares inscritos abonarán unha única cota anual de 4 € en concepto de SEGURO DE ACCIDENTES, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpa no período lectivo do curso 2024/2025.
Os campamentos realizaranse, de forma xeral, de luns a venres de 10 a 14 h. nos horarios que se establecen a continuación. Os días festivos non haberá campamento.
PERSOAS DESTINATARIAS
Escolares de Educación Infantil e Educación Primaria matriculados nos centros públicos de municipio (CEIP) da Coruña no curso 2024/2025.
LUGARES DE REALIZACIÓN
En varios CEIP, por determinar.
NÚMERO DE PRAZAS
3 grupos de 15 escolares por sede e quenda.
Resérvase un 33% das prazas para o alumnado que estea matriculado no centro que é sede do campamento
Dende o 23/06/2025 ata o 31/07/2025
Quenda 1º: do 23 ao 27 de xuño.
Quenda 2º: do 1 ao 15 de xullo.
Quenda 3º: do 16 ao 31 de xullo.
Por determinar.
Poderanse solicitar ata 3 quendas por orde de preferencia.
Preinscrición: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Federación Provincial ANPA de centros públicos
Rúa Orzán, 21 - 15001 A Coruña
Tel.: 981 202 002 / 649 055 939 / 698 158 503
+INFORMACIÓN E INSCRICIÓN EN:
e nos teléfonos: 649 055 939 / 698 158 503/ 981 20 20 02
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible