Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto Música e evolución 2024-25

Concerto didáctico sobre os instrumentos musicais tradicionais galegos

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5.° e 6.º de EP

Horario:

Por determinar

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

Os obxectivos principais son:

  • Pór en valor unha parte importante da nosa cultura.
  • Difundir e afianzar o emprego da nosa lingua como vehículo de expresión.
  • Resaltar o papel das mulleres como organizadoras das sociedades humanas.
  • Destacar a importancia dos nenos e nenas nos procesos culturais humanos.
  • Afianzar valores do noso patrimonio cultural inmaterial como o respecto polos maiores e os seus coñecementos, a importancia da reciclaxe, o valor do esforzo e o traballo continuo, a valoración da natureza e o desenvolvemento sostible etc.

O concerto didáctico "Música e evolución" pretende principalmente mostrar e pór en valor o noso patrimonio cultural musical, pero tamén falar da música como manifestación cultural esencial para os humanos. O concerto está orientado para nenos e nenas desde 8 anos de idade, e o discurso pódese adaptar para idades superiores profundando nos temas que se expoñen. Ten unha duración de 70 minutos.

Neste concerto explícanse as últimas teorías científicas sobre o que é a música e o sentido que tivo e ten dentro da nosa evolución como especie. O discurso vai guiado pola analoxía que existe entre a evolución da nosa especie nos últimos catro millóns de anos e o desenvolvemento musical das nenas e dos nenos galegos dentro do noso sitema de cultura, que puidemos reconstruír a partir dos centos de entrevistas realizadas a portadores e portadoras galegas.

Neste concerto mostramos 42 instrumentos musicais galegos diferentes, dos máis de 160 que puidemos documentar en Galicia, simplemente por esta variedade o concerto é xa sorprendente para os mozos e mozas, pois moitos destes instrumentos musicais sonlles completamente descoñecidos.

Por outra banda, este concerto contén unha fonda revisión do papel esencial que as mulleres xogan na música, na cultura e organización social humana e expóñense, así mesmo, a teoría da orixe dos instrumentos musicais na cultura infantil, algo que sorprende sempre aos nenos e nenas. Partindo de feitos biolóxicos como os sons intrauterinos, as diferenzas físicas e condutuais entre homes e mulleres ou o proceso de selección sexual, conseguimos explicar feitos musicais da nosa tradición, por exemplo que as mulleres sexan as principais cantoras, a organización semanal de varias festas nas aldeas de antes, ou mesmo o uso principalmente masculino da gaita de fol na tradición.

No concerto faise unha revisión da nosa música dende unha perspectiva de xénero que leva os/as pequenos/as a observar e entender a orixe biolóxica das diferenzas entre homes e mulleres, dos diferentes comportamentos musicais e a entender a necesidade de alcanzar unha igualdade real.

Cando:

Dende o 01/09/2024 ata o 31/12/2024

De setembro a decembro

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Inscrición dos centros a través de pablo.carpin@gmail.com

Contacto:

Rosa Sánchez e Pablo Carpintero

Teléf.: 626 588 381

pablo.carpin@gmail.com

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión