Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concurso de cartas e debuxo "Ahora vamos andando al cole" 2024-25

Dirixido ao alumnado de 3.º a 6.º de educación primaria da cidade, para promover o camiño escolar e a seguridade viaria en todos os centros da cidade, impulsando hábitos de mobilidade saudables nos desprazamentos cotiáns do alumnado para fomentar o desprazamento a pé de nenos/as e familiares nos seus traxectos escolares.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3.º a 6.º de educación primaria dos centros educativos primarios públicos, concertados e privados da cidade.

Temática para traballar en formato carta e/ou debuxo

Concurso dirixido aos centros educativos de educación primaria da Coruña, nos que poderá participar o alumnado que curse 3.º, 4.º, 5.º e 6.º en 2024-2025.

O alumnado, previo á entrega de traballos, deberá recibir un taller teórico no que se traballan distintos temas de mobilidade sostible e segura, para logo realizar unha carta ou un debuxo dando unha mensaxe en relación ao contido.

Web: www.stopaccidentes.org

https://stopaccidentes.org/conocenos/ayuda-orientacion-victimas-afectados-accidentes-trafico/caminos-escolares-ancas/gmx-niv222.htm

Facebook: https://www.facebook.com/stopgalicia

Instagram: https://www.instagram.com/stop.galicia/?hl=é

Twitter: https://twitter.com/GaliciaStop

Cada centro educativo fará unha preselección e enviaralle un máximo de 15 debuxos e/ou cartas que considere que cumpren os obxectivos do proxecto (xunto coa lista do alumnado seleccionado e o título dos seus traballos) á Asociación STOP Accidente Galicia.

Permitiráselle participar ao alumnado nas dúas modalidades, é dicir admitiranse por alumno/a un traballo de carta e debuxo, na que só será finalista nun só traballo.

Premios

Premiaranse 6 debuxos, 6 cartas gañadoras e 3 premios especiais de debuxos de portada e bases do calendario, que serán os traballos que ilustren o calendario da asociación para 2025.

Os/as alumnos/as gañadores recibirán un premio relacionado coa seguridade viaria e sortearanse dous agasallos entre todo o alumnado participante.

Un ano máis contamos coa colaboración da Fundación Mapfre, o que nos permite transcender co programa fóra da Coruña. Os traballos que participen no Concurso de camiño escolar edición 2024-2025, presentados no termo municipal da Coruña, pasarán a unha segunda fase, onde competirán, con alumnado do resto da Comunidade Autónoma de Galicia e optarán ao Concurso Nacional realizado con Fundación Mapfre.

Nesta sesión 2024/2025 participarase na fase da Comunidade Autónoma e Nacional en grupos de idades, unha para 3.º e 4.º e outra para 5.º e 6.º.

A entrega de premios para as persoas gañadoras da Coruña terá lugar no Salón de plenos do concello no mes de decembro 2024.

Cando:

Dende o 16/09/2024 ata o 31/10/2024

  1. Período de inscrición: do 16 de setembro ao 23 de outubro 2024. Ambos os dous días incluídos
  2. Participación nos talleres e recepción dos traballos de cada centro: último día 31 de outubro de 2024.
  3. Valoración do xurado: STOP Accidentes, Concellería de Educación e Concellería de Mobilidade do Concello da Coruña
  4. Entrega de premios e diplomas: decembro de 2024 no Salón de plenos do concello

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 23/10/2024

Inscrición para os centros

Enviando un correo electrónico a ancasgalicia@stopaccidentes.org.

Contacto:

Asociación Stop Accidentes

STOP Accidentes Galicia

Responsable do proxecto: Ángela M.ª Jiménez Quirós

Avda. de Chile, 19, baixo, A Coruña

Teléf.: 981 289 368 / 667 309 450

Correo: ancasgalicia@stopaccidentes.org

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión