Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consello Local da Infancia da Coruña

O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do concello.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Participación

A quen vai dirixido?:

Alumnado e profesorado de 5.º e 6.º dos CEIP da Coruña

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

  • Fomentar a participación cidadá entre a infancia da cidade, entendéndoa como un dereito básico deste segmento de poboación.
  • Constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas de cidade que traslade a voz da infancia ás políticas públicas do concello.
  • Darlle continuidade ao traballo xa iniciado por un grupo de centros no ano 2021, aproveitando o traballo xa xerado e consolidando ese núcleo activado de participación.
  • Tecer unha rede de centros, docentes, familias e alumnado interesados no ámbito da participación cidadá e a infancia.

O obxectivo último deste programa é a activación do CLIAC, un órgano representativo onde nenos e nenas de toda a cidade sexan os/as representantes da infancia e lle trasladen ao concello as necesidades, propostas e suxestións arredor das cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación e levando á práctica o traballo de cidadanía participativa.

Como pasos previos á constitución deste órgano, é preciso realizar un traballo previo co alumnado, tanto nas aulas como fóra. Este traballo estará liderado polo profesorado de 5.º e 6.º de EP, que se apoiarán nunha guía didáctica para o traballo na aula, compartirán co seu alumnado contidos e dinámicas sobre dereitos da infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenos e nenas comecen a valorar os procesos participativos e recoñezan a súa capacidade para formar parte do primeiro órgano representativo da infancia na cidade.

Con este pequeno grupo, formado por nenas e nenos de todos os centros participantes, realizaranse sesións formativas en horario extraescolar, preparándoas para a participación no CLIAC.

Na canle de YouTube do Servizo municipal de Educación están dispoñibles os vídeos deste programa.

Inscricións:

Ata o 25/10/2024

Contacto:

Departamento de Educación

Teléf.: 981 184 200 ext. 10179

cliac@coruna.gal

Requisitos:

Poderá participar na actividade o alumnado de 5º e 6º dos CEIP da Coruña. Para presentar a súa candidatura (prazo límite ata o 25 de outubro de 2024) e poder formar parte do CLIAC, deberán contar coa autorización dos seus titores ou titores legais. É condición indispensable para a participación no proxecto a implicación dunha profesora ou profesor por grupo.

Recursos materiais:

Dosier da actividade e guía para o traballo autónomo na aula para o profesorado.

Máis información:

Se queres coñecer máis sobre este proceso podes ver o seguinte vídeo.

Documentos relacionados

  • Dossier CLIAC 2023-2024 (640 KB)
  • Cartel CLIAC (588 KB)
  • Modelo de autorización familiar con LOPD (1 MB)
  • Modelo de candidatura (833 KB)
  • Modelo escrito de apoio (832 KB)
  • Guía didáctica Activación do Cliac (328 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión