Ten como obxectivo favorecer que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes á hora de consumir tecnoloxía, co fin de facer un uso responsable da mesma.
Só da Coruña
Consumo
Complementaria
Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP e EE de todos os centros educativos da Coruña.
O obxectivo da educación do consumidor é ensinar á cidadanía a destreza, a actitude e o coñecemento necesarios para vivir nunha sociedade baseada no consumo. Trátase dun compoñente fundamental da educación xeral, que debería apoiar as persoas consumidoras á hora de tratar de organizar as súas vidas cotiás dunha maneira sostible.
A educación a persoas consumidoras proporciona o coñecemento necesario para concienciar a cidadanía en comportamentos responsables e intelixentes nas súas relacións de consumo.
Os numerosos temas sobre a educación para o consumo pódense abordar con practicamente todas as materias de ensino e plans de estudo tradicionais.
A Oficina Municipal de Información ás persoas consumidoras (OMIC), dispón dunha ampla oferta formativa no campo do consumo. Dentro do programa A Coruña Educa presentamos un conxunto de obradoiros prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo docente especializado no campo do consumo responsable e coordinado pola OMIC.
Os diferentes talleres están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, as persoas responsables da docencia poderán escoller aquelas actividades máis adecuadas ao desenvolvemento curricular correspondente.
Ademais, os obradoiros compleméntanse con charlas para o equipo docente e familias. Deste xeito, toda a comunidade educativa pode formar parte do proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.
Duración e localización
Cada taller ten unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolverase en horario lectivo. É preceptiva a presenza de persoal docente do centro durante o desenvolvemento da actividade.
Os obradoiros poderanse levar a cabo nos propios centros educativos ou nas instalacións da OMIC da Coruña (rúa Costa da Palloza, 8).
Condicións do programa
A planificación das actividades realizarase desde a OMIC coa persoa responsable da coordinación deste programa no centro educativo.
O número máximo de participantes por grupos é de 25 (unha aula), en cada taller, acompañados de forma preceptiva por persoal do centro educativo.
No caso de que a demanda supere a dispoñibilidade de prazas outorgaranse as actividades por rigorosa orde de inscrición. Establecerase un límite máximo dunha actividade por cada grupo de cada centro.
Unha vez confirmadas as actividades, non será posible realizar cambios a menos que exista unha causa xustificada. No caso de que a educadora asista na hora e data acordada e o taller non poida levar a cabo, este non se reprogramará.
Debido á alta demanda de actividades non se admitirán cambios de datas unha vez confirmadas a menos que exista unha causa xustificada e penalizarase para futuras actividades.
As actividades están deseñadas para diferentes grupos de idade, polo que se deberá ter en conta no momento de realizar a solicitude.
Procuraremos adaptar as actividades ás datas propostas polos centros tendo en conta a demanda e a organización. A data definitiva será confirmada ao centro por escrito e non se admitirán cambios.
Para o correcto funcionamento do programa, acordaranse os talleres no menor número de xornadas posibles en cada centro.
Os talleres adaptarse para alumnado con diversidade funcional e para grupos de educación especial.
Dende o 11/09/2023 ata o 21/06/2024
Xa rematou
Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023
Inscrición centros
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Lida Mª Blanco Iglesias
Tel. 981 18 98 20
Fax: 981 18 98 21
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible