A exposición "Converxencias, arte e ciencia: Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro do proxecto que vén desenvolvendo de actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, especialmente para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia.
De calquera concello
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado de ESO, BACH e FP do Concello da Coruña e de toda Galicia.
Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para a Escola de Arte e a Universidade da Coruña.
Desde o 27/01/2025 ata o 31/01/2025, no centro sociocultural Ágora:
Gratuíto.
Trátase dun exposición interactiva que permite unha aproximación lúdica aos fenómenos científicos coa finalidade de enganchar á xente nova ao gusto pola ciencia, ao mesmo tempo que se busca contribuír a:
ESTRUTURA E COMPOSICIÓN DA MOSTRA:
O núcleo central é a obra de Maurits Cornelis Escher (1898-1972), especialmente a realizada a partir de 1937.
Escher é un dos artistas contemporáneos máis recoñecido e encomiado pola comunidade científica internacional, que considera a súa obra como un símbolo da relación entre a arte e a ciencia. Unha icona universal apaixonada polo coñecemento que utilizou as matemáticas, a astronomía, a óptica, a cristalografía e a xeometría nas súas creacións artísticas.
Imaxina debuxos con auga que sobe cara arriba, escaleiras que non teñen fin, réptiles que se arrastran formando círculos viciosos entre obxectos dun escritorio, que escapan do papel no que están debuxados para volver aparecer máis tarde, mans que saen dun fragmento de papel e debúxanse a si mesmas... Á maioría dos mortais cústanos imaxinar estas situacións, polo que debuxalas de maneira que sexan cribles antóllasenos farto complicado.
Os mundos paralelos, a metamorfose espazo-tempo, a procura do infinito no plano, as construcións imposibles... iso e máis forma parte do universo de Escher, que se mostra e que se ve reflectido nas súas propias palabras:
"Debuxar é enganar. O meu traballo é un xogo... Un xogo moi serio. Só quen tente o absurdo logrará o imposible..."
Elementos que dan soporte á actividade:
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
As datas poden sufrir modificacións por temas de organización.
Dende o 18/12/2024 ata o 22/01/2025
IGACIENCIA
Inés Ben (secretaria@igaciencia.org)
Servizo Municipal de Educación
Tel. 981 184 200 ext. 10911 (educacion@coruna.gal)
Preferiblemente grupos de ata 40 estudantes/sesión, que se desdobrarán en 2 grupos de 20 na parte expositiva e de talleres.
IGACIENCIA e Servizo Municipal de Educación
Programa financiado polo Concello da Coruña.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible