A exposición "Converxencias, arte e ciencia: Juan Gris", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.
De calquera concello
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado de ESO, BACH e FP do concello da Coruña.
Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para 5º e 6º de Primaria, a Escola de Arte e á Universidade.
Gratuíto.
O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os polos.
Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras; para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo. A viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e finaliza con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.
O núcleo central é a obra de Juan Gris (1887-1927). A exposición - taller, conta coa seguinte estrutura:
Requisitos
Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as.
É conveniente que o profesorado asista á inauguración e á visita abreviada, para orientar a visita e os contidos do taller en función das características e intereses do grupo.
Pendente de confirmar o día e hora da inauguración.
Dende o 25/04/2022 ata o 29/04/2022
No Centro Ágora.
Do 25 ao 29 de abril: visitas e talleres para os centros educativos de 2 horas de duración, en horario de 9:00 a 11:00 h, de 10:40 a 12:40 e de 12:15 a 14:15.
Do 25 ao 28 de abril : a parte expositiva estará aberta ao público en xeral, en horario de 15:00 a 21:00 h.
Xa rematou
Dende o 01/03/2022 ata o 15/03/2022
Se parte do calendario conformado coas inscricións realizadas desde o 09/12/2021 ata o 15/01/2022.
Prazo para confirmar, modificar ou desistir da participación os grupos xa inscritos: do 16 ao 28 de febreiro, enviando un correo a secretaria@igaciencia.org.
Novo prazo de inscrición para os tramos horarios que queden sen cubrir: desde o día 1, ás 10:00, ata o 15 de marzo de 2022. A inscrición, neste caso, realizarase a través do formulario que figura despois do calendario.
IGACIENCIA: Inés Ben secretaria@igaciencia.org
Servizo Municipal de Educación: Tel. 981 184 200 (ext. 12041). educacion@coruna.es
En caso de dúbida, establecer contacto a través de secretaria@igaciencia.org.
IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu
Programa financiado polo Concello da Coruña
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Organiza: IGACIENCIA
Programa financiado polo Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible