A Exposición "Converxencias Arte e Ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.
De calquera concello
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado de ESO, BACH e FP do concello da Coruña.
No caso de que queden sesións sen cubrir, abrirase a inscrición a outros centros educativos de Galicia.
Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para 5º e 6º de EP, á Escola de Arte e á Universidade da Coruña.
anual
Gratuíto.
O servizo de transporte para vos centros educativos públicos do municipio da Coruña correrá a cargo do Servizo Municipal de Educación.
O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, aos mozos. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os polos.
Desenvolverase no centro Ágora, no lugar de Gramela 17, 15010 A Coruña.
Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.
A viaxe iníciase na arte celta, centrándose especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e finalizándoa con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.
A exposición implicitamente denota taller-exposición, coa seguinte estrutura:
• Presentación animada sobre o método compositivo e o uso da cor por Juan Gris.
• Parte expositiva:
- paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análises.
- obras de arte dixital impresas en 3D.
• Talleres para implementar a parte expositiva. En función das características do grupo, desenvolveranse algúns dos seguintes talleres:
- teselar con polígonos
- xogando co polidrón
-creando e interpretando mosaicos: xogo da Alhambra, tipo Escher, de Penrose...
- tramas e ilusións ópticas
- espirais de Fibonacci
- banda de Möebius.
Dende o 17/01/2020 ata o 24/01/2020
17 de xaneiro de 2020: Inauguración e posterior presentación animada de Juan Gris seguida de visita abreviada especialmente para o profesorado e para o público xeral.
Do 20 ao 24 de xaneiro: visitas e talleres para os centros educativos de 2 horas de duración, en horario de 9.00 a 11.00 h, de 10.45 a 12.45 h e de 12.30 a 14.30 h.
Do 18 ao 23 de xaneiro: parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 15.00 a 21.00 h.
Xa rematou
Dende o 09/12/2019 ata o 10/01/2020
A través da ficha de inscrición que se abrirá na páxina web de IGACIENCIA.
Prazo de inscrición: desde o 9 ata o 16 de decembro para os centros educativos do concello da Coruña.
E, no caso de que queden prazas libres, do 17 de decembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020 para os centros educativos doutros concellos.
IGACIENCIA
Inés Ben
Servizo Municipal de Educación
Tel. 981 184 200
Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as, máximo 50 por sesión.
É conveniente que o profesorado asista á inauguración e á visita abreviada, para orientar a visita e os contidos do taller en función das características e intereses do grupo.
En caso de dúbida, establecer contacto a través de secretaria@igaciencia.org.
IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu
Programa financiado polo Concello da Coruña
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible