Concello da Coruña

Concello da Coruña

Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e taller 2020-21

A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP do Concello da Coruña.

No caso de que queden sesións sen cubrir, abrirase a inscrición a outros centros educativos de Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para 5º e 6º de EP, á Escola de Arte e á Universidade da Coruña.

anual

Prezo / Custo:

Gratuíto.

O servizo de transporte para vos centros educativos públicos do municipio da Coruña correrá a cargo do Servizo Municipal de Educación.

Obxecto:

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os polos.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

A viaxe iníciase na arte celta, centrándose especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e finalizándoa con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.

A exposición implicitamente denota taller-exposición, coa seguinte estrutura:

• Presentación animada sobre o método compositivo e o uso da cor por Juan Gris.

• Parte expositiva:

- paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análises.

- obras de arte dixital impresas en 3D.

• Talleres para implementar a parte expositiva. En función das características do grupo, desenvolveranse algúns dos seguintes talleres:

- teselar con polígonos

- xogando co polidrón

-creando e interpretando mosaicos: xogo da Alhambra, tipo Escher, de Penrose...

- tramas e ilusións ópticas

- espirais de Fibonacci

- banda de Möebius.

Cando:

Datas por determinar

Importante: A realización deste programa está condicionado á evolución da pandemia do COVID 19.

Inscricións:

Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020

A través da ficha de inscrición que se abrirá na páxina web de IGACIENCIA.

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200

educacion@coruna.es

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as, máximo 50 por sesión.

É conveniente que o profesorado asista á inauguración e á visita abreviada, para orientar a visita e os contidos do taller en función das características e intereses do grupo.

En caso de dúbida, establecer contacto a través de secretaria@igaciencia.org

Organiza:

IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu

Programa financiado polo Concello da Coruña

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión