Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de programa bolsas Acoreuropa XI

Programa inscrito no programa Erasmus+ da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

O programa está dirixido a titulados en ciclos superiores de FP que alcanzaron a súa titulación en decembro de 2022 ou en xuño de 2023, incluída la FCT (Formación en centros de traballo). E que realizasen os seus estudos nalgún dos 10 centros docentes públicos que participan como socios no programa: CIFP Ánxel Casal, CIFP Escola de Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís e IES Rosalía Mera.

No caso das persoas tituladas en xuño de 2023, a súa participación quedará supeditada á xustificación de ter rematado o ciclo e superada a FCT.

As bases foron publicadas no BOP do 14/04/2023

Prezo / Custo:

Dotación da bolsa

As bolsas inclúen todos os gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil e ademais as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para o seu mantemento e estadía de 1.500,00 €. Ademais, o Concello, en colaboración coa empresa de xestión Oneco e as organizacións intermediarias nos países de destino, encárganse tamén da xestión do programa: a organización das viaxes, a procura de aloxamentos e das empresas de prácticas, así como da tramitación da documentación ante o SEPIE para o recoñecemento oficial das prácticas. O proxecto desenvolverao a Concellaría de Educación, Cultura e Memoria Histórica, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados. Coa colaboración dunha empresa de xestión e as organizacións intermediarias nos países de destino e financiaamento da Deputación provincial da Coruña.

Obxecto:

O obxecto deste programa é promover a aprendizaxe e a formación de mozos profesionais en Europa, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países, mediante a concesión de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas de diversos países de Europa.

Cos obxectivos de:

  • Apoiar a adquisición de competencias e mellorar o desenvolvemento persoal e as oportunidades de emprego.
  • Mellorar a competencia en linguas estranxeiras.
  • Aumentar a conciencia e comprensión doutras culturas e países.
  • Asegurar un mellor recoñecemento das competencias adquiridas en períodos de aprendizaxe no estranxeiro.

Servizos incluídos no programa

O programa inclúe os seguintes servizos para cada participante:

  1. Viaxes e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino.

  2. Aloxamento no país correspondente durante o período da estadía.
  3. Contrato de formación non laboral por unha empresa do país correspondente durante un período de 90 días.
  4. Axuda económica para financiar a manutención durante a estadía
  5. Titorización da estadía e das prácticas formativas por persoal especializado, tanto da empresa coma da organización intermediaria no país de destino.
  6. Realización, como mínimo, de dúas xornadas de preparación específica para as persoas participantes no programa.
  7. O acceso a un curso "en liña" dos idiomas dos países de destino.
  8. Seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil.
  9. Tramitación da documentación ante o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).

Destinos

O programa na súa primeira convocatoria oferta 11 bolsas, cos seguintes destinos:

· 2 bolsas en inglés en Malta (Gzira)

· 3 bolsas en inglés ou en alemán en Austria (Viena)

· 2 bolsas en inglés en República Checa (Praga)

· 2 bolsas en italiano en Italia (Padua)

· 2 bolsas en portugués en Portugal (Lisboa)

Con todo, o órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoans seleccionadas e da existencia de empresas adecuadas ao seu perfil profesional e académico nos destinos solicitados.

Condicións do programa

Dentro do prazo de presentación de solicitudes, ademas de formalizar a ficha de inscrición na web www.coruna.gal/educacion , as persoas interesadas deberán achegar unha serie de documentos nos rexistros municipais (presencialmente -con cita previa- , por rexistro electrónico https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l322), ou en calquera das dependencias á que se refire a Lei 39/2015, de 2 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

A selección realizarase tendo os seguintes criterios (por confirmar):

  1. Cualificación media final no ciclo formativo. Ata 10 puntos
  2. Cualificación do idioma estranxeiro. Ata 10 puntos, de acordo co nivel de lingua estranxeira adquirido no Marco Común Europeo das Linguas.
  3. Valoración do informe da titoría do centro onde o participante realizase os seus estudos. Ata 5 puntos.

Entidades colaboradoras

Nove centros educativos públicos de FP da Coruña, con titulacións de grao superior adscritos ao proxecto, que xunto coa Deputación (que achega financiamento) e o Concello da Coruña conforman o Consorcio.

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), do Ministerio Ministerio de Ciencias, Innovación e Universidades, que ten como misión xestionar a participación española no Programa Erasmus +.

Cando:

O período de realización das prácticas formativas será de setembro a decembro de 2023 (por confirmar).

Duración das prácticas: 3 meses (90 días).

Inscricións:

A ficha de inscrición estará dispoñible o luns 17 de abril e hai que presentala xunto á documentación esixida, en calquera dos rexistros municipais, situados en Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora Mesoiro ou por rexistro electrónico https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l322), ou en calquera das dependencias ás que se refire a Lei 39/2015, de 2 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

• Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.

• Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte

• Declaración responsable de estar ao corrente do cumprimento das súas obrigas tributarias co Concello da Coruña (modelo dispoñible na web municipal).

• Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).

• Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego

• Se é o caso, calquera título oficial de idiomas.

Inscrición alumnado

Na ficha específica de inscrición

Contacto:

Servizo municipal de Educación

Tel. 981 184 200, ext. 12114 e 22041

Fax: 981 184 370

educacion@coruna.gal

Requisitos:

Segundo as bases do programa

Organiza:

O proxecto desenvolverao a Concellaría de Educación, Cultura e Memoria Histórica, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados. Coa colaboración dunha empresa de xestión e as organizacións intermediarias nos países de destino e financiamento da Deputación provincial da Coruña.

Documentos relacionados

  • Bases Acoreuropa XI (146 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión