CÓXEGAS ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral durante o mes de setembro para escolares de centros públicos. Os nenos e as nenas gozarán de xogos, deportes e actividades lúdicas como teatro e arte, participando nunha emocionante aventura que se desenvolve ao longo de tres semanas.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Público
Escolares de Educación Infantil e Educación Primaria matriculados nos centros públicos do municipio da Coruña no curso 2024/2025.
Esta oferta de actividades exponse en función dos seguintes tramos de idade:
De luns a venres, de 16.00 a 18.00 h.
O horario de asistencia neste programa será o elixido por cada participante no formulario de inscrición.
Con todo, non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17.00 h., pero si de saída (a condición de que o participante teña marcada esa opción na inscrición).
15 € por participante.
Todos os escolares inscritos aboarán unha única cota anual de 4 € en concepto de SEGURO DE ACCIDENTES, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionados pola Federación de Anpa no período lectivo do curso 2024/2025.
O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de Bolsa "Comedor" para o curso 2024/2025, terá un desconto do 50% da cota.
Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así como actividades lúdicas de animación teatral, plástica etc, baixo un enfoque integrador, onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura ao longo das 3 semanas de duración do programa.
Dende o 11/09/2024 ata o 30/09/2024
Xa rematou
Dende o 01/08/2024 ata o 03/09/2024
Inscrición en liña na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos da Coruña
Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña
Tel. 981 202 002
Servizo Municipal de Educación
Tel: 981 184 200 ext: 10259
Necesítase un mínimo de 10 escolares para formar grupo, dun mesmo ou de dous tramos de idade, podendo formarse grupos mixtos de E. Infantil e E. Primaria.
A partir de 20, desdobrarase o grupo.
Os centros asignarán os espazos necesarios para o desenvolvemento do programa.
ENTIDADES
Centros públicos de Ed. Infantil e Primaria pertencentes ao Concello da Coruña.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible