É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.
As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Público
Preferentemente alumnado de EI e EP. Tamén poderá ter cabida o alumnado de ESO, Bacharelato e FP de centros públicos do municipio.
2 sesións semanais de 1 hora, distribuídas en días alternos (luns-mércores e martes-xoves), sempre dentro da franxa horaria de 16.00 a 18.00 h. Excepcionalmente valorarase a realización de 2 horas seguidas, unicamente os venres, para os centros que necesiten conciliar as 10 horas semanais.
O horario de cada actividade determínao a ANPA de cada centro educativo seguindo as directrices anteriores.
COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 23/24 nos seguintes períodos:
Todos os escolares inscritos aboarán unha única cota anual de 4 € en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación da ANPA no período lectivo do curso 23/24.
MODALIDADES DEPORTIVAS
- En Educación Infantil: Propostas baseadas na mellora da motricidade xeral a través do xogo. Diferénciase as propostas lúdicas relacionadas co ritmo, a música e o movemento (Xogos Rítmicos) das que non teñen a música como elemento esencial (Xogos Motores). Outras propostas como xogos tradicionais, xogos de taboleiro, así como o prepatinaje completan a oferta para esta etapa educativa.
- En Educación Primaria: Os primeiros cursos de Primaria óptase polas propostas que están entre o xogo e o deporte, isto son os xogos predeportivos e o Predeporte (evolución natural dos xogos motores). Ademais outras propostas como o RITMO (evolución dos Xogos Rítmicos). Nos últimos cursos desta Etapa Educativa exponse unha práctica máis estruturada en canto ás actividades rítmicas refírese (Baile Moderno, Ximnasia Rítmica) así como propostas deportivas específicas (Baloncesto, Fútbol sala, Tenis etc.). Os xogos de taboleiro terán a súa concreción no xadrez, e o prepatinaje ten a súa continuidade ao longo desta etapa educativa con contidos máis específicos e complexos que derivarán, por exemplo, en patinaxe artística ou hóckey a patíns.
A metodoloxía empregada baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que sentan a gusto na actividade.
Cadro resumo de actividades:
DEPORTE NO CENTRO (ESCOLAS DEPORTIVAS PARA O CURSO 23/24) |
|||||||
EDUCACIÓN INFANTIL |
EDUCACIÓN PRIMARIA |
||||||
4º, 5º E 6º |
1º E 2º |
3º E 4º |
5º E 6º |
||||
XOGOS RÍTMICOS |
RITMO |
BAILE MODERNO 1 |
BAILE MODERNO 2 |
||||
XIMNASIA RÍTMICA 1 |
XIMNASIA RÍTMICA 2 |
||||||
XOGOS TRADICIONAIS 1 |
XOGOS TRADICIONAIS 2 |
DEPORTES ALTERNATIVOS 1 |
DEPORTES ALTERNATIVOS 2 |
||||
XOGOS DE TABOLEIRO E FICHAS |
PRE-XADREZ |
XADREZ 1 |
XADREZ 2 |
||||
XOGOS MOTORES |
PRE-DEPORTE |
ATLETISMO 1 |
ATLETISMO 2 |
||||
BALONCESTO 1 |
BALONCESTO 2 |
||||||
FÚTBOL SALA 1 |
FÚTBOL SALA 2 |
||||||
MULTIDEPORTE 1 |
MULTIDEPORTE 2 |
||||||
TENIS 1 |
TENIS 2 |
||||||
VOLEIBOL 1 |
VOLEIVOL 2 |
||||||
PREPATINAXE |
PREPATINAXE 2 |
PATINAXE ARTÍSTICA 1 |
PATINAXE ARTÍSTICA 2 |
||||
HÓCKEY PATÍNS 1 |
HÓCKEY PATÍNS 2 |
||||||
* As agrupacións cubrirán preferentemente dous cursos consecutivos. Aínda que por cuestións de organización, e previa homologación técnica, poderanse incluír un terceiro curso sempre consecutivo aos dous seleccionados. En ningún caso mesturaranse cursos de etapas educativas distintas. |
|||||||
Poderán solicitarse outras modalidades deportivas sempre que o centro educativo dispoña de infraestruturas necesarias para a súa realización. |
ACTIVIDADES DE FIN DE ANO
Realización de varios ENCONTROS DEPORTIVOS, dentro e fóra do horario escolar, así como algunhas MOSTRAS DE PATINAXE para as familias dos/as escolares en actividade:
Posiblemente algún centro máis fará xornada final de portas abertas con algunha actividade, pero están as datas sen concretar.
Dende o 02/10/2023 ata o 31/05/2024
Xa rematou
Dende o 11/09/2023 ata o 17/09/2023
Inscrición centros
Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)
A inscrición realizarase en liña: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Mínimo de 10 escolares para formar grupo. A partir de 20, desdobrarase o grupo. Os grupos formaranse por tramos de idade de 2 ou 3 cursos consecutivos.
A elección polo alumnado da actividade deportiva está condicionada á oferta que faga cada centro educativo, a través da ANPA ou a entidade que xestione as actividades, en función da dispoñibilidade das instalacións e dos intereses do alumnado na inscrición.
O centro escolar deberá proporcionar os espazos adecuados para realizar as actividades deportivas do programa.
Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable a un único educador/a, excepto aqueles grupos que polas súas especiais características necesiten dun/dunha educador/a de reforzo.
Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos
Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña
Tel. 981 202 002 // 981 201 877
Novas relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible