Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deporte no centro 2024-25

O programa DEPORTE NO CENTRO promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral dos menores, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Preferentemente alumnado de EI e EP. Tamén poderá ter cabida o alumnado de ESO, Bacharelato e FP de centros públicos do municipio da Coruña.

A oferta de actividades exponse en función do seguintes tramos de idade:

  • 4º, 5º e 6º curso de Educación Infantil.
  • 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria.
  • 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.
  • ESO, bacharelato e FP

Horario:

2 sesións semanais de 1 hora, distribuídas en días alternos (luns-mércores e martes-xoves), sempre dentro da franxa horaria de 16.00 a 18.00 h.

Poderase realizar a actividade "ENCONTROS DEPORTIVOS" só os venres, de 1 ou 2 horas de duración.

O horario de cada actividade determínao o ANPA de cada centro educativo seguindo as directrices anteriores.

Prezo / Custo:

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Abonaranse 3 cotas de 21 € por participante e escola deportiva, ao longo do curso nos seguintes períodos:

  • De outubro a decembro; de xaneiro a marzo e de abril a xuño.

A cota de "ENCONTROS DEPORTIVOS" será proporcional á temporalización da mesma (1 ó 2 horas).

Todos os escolares inscritos aboarán unha única cota anual de 4 € en concepto de SEGURO DE ACCIDENTES, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpa no período lectivo do curso 2024/2025.

O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de Bolsa "Comedor" para o curso 2024/2025, terá un desconto do 50 % da cota.

OBXECTIVOS

  • Gozar da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo e cos demais.
  • Participar na actividade deportiva con independencia do nivel de habilidade alcanzado, aceptando as normas e respectando as diferenzas entre os/as participantes.
  • Adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas.
  • Desenvolver as habilidades e capacidades motrices básicas (E. Infantil) e aquelas directamente vinculadas ás prácticas deportivas elixidas (especialmente nos últimos cursos de E. Primaria).
  • Proporcionar, a través do deporte, experiencias gratificantes que lles orienten á hora de utilizar adecuadamente o seu tempo libre.

REQUISITOS

O cociente mínimo para formar grupo establecerase segundo a liña de cada centro:

  • con liña 1: 8 participantes; e 7 nos centros de menos de 100 alumnos/as matriculados/as
  • con liña 2: 9 participantes.
  • con liña 3: 10 participantes

A partir de 20 desdobrarase o grupo. . Con todo terase en conta as características do grupo para realizar un desdobre aínda cando o grupo non chegue a 20.

Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes ou non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións idóneas, facilitarase aos solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben se valorará conxuntamente coas familias substituír esa actividade por outra que si cumpra as condicións necesarias para a súa posta en marcha.

Se algún participante necesitase un apoio específico indicarase no formulario de inscrición. Esta solicitude de apoio será estudada pola Federación Provincial de Anpa para valorar a súa viabilidade.

O centro escolar deberá proporcionar os espazos adecuados para realizar as actividades deportivas do programa.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:

  • Cumprir as normas de convivencia do centro e manter unha actitude de respecto no desenvolvemento das actividades. En caso de non cumprirse aplicarase o protocolo sancionador presente no centro educativo ou no ANPA dese centro.
  • A falta de asistencia continuada sen xustificación poderá supoñer a expulsión do programa sen dereito a devolución da cota abonada. Esa vacante poderá ser ocupada por outro escolar que a necesite por estar en listaxe de espera.
  • Unha vez comezado o programa, se algún grupo xa formado queda por baixo do cociente mínimo establecida por falta de asistencia dos participantes, non podería continuar, quedando suspendida esa actividade.
  • Se una mesma actividade, para un mesmo tramo de idade, ofértase en dúas franxas horarias diferentes, o participante só poderá escoller unha desas dúas franxas horarias.
  • Ademais, só permitirase a inscrición nunha soa actividade houbésese outra oferta na mesma franxa horaria. É dicir non se contempla nin admite a participación de 1 hora a unha actividade e outra hora a outra actividade diferente.
  • As actividades solicitadas escolleranse entre a oferta de actividades deportivas proposta polo ANPA de cada centro.

MODALIDADES DEPORTIVAS

Cada actividade está adaptada ao nivel de desenvolvemento da rapazada, fomentando o seu crecemento integral a través do xogo e o deporte.

En Educación Infantil: as actividades céntranse en mellorar as habilidades motoras xerais mediante xógoo, axudando aos/as máis pequenos/as a desenvolver coordinación e movemento de maneira divertida e segura.

En Educación Primaria: nos primeiros cursos, enfocámonos na evolución natural dos xogos motores e en actividades rítmicas que combinan xogo e deporte. A medida que os/as escolares crecen, introdúcense actividades rítmicas que desenvolven coordinación e expresión corporal, deportes específicos adaptados ao seu nivel e xogos de mesa e xadrez para desenvolver habilidades estratéxicas. As

DEPORTES ALTERNATIVOS (Colpbol, Ultimate, Baseball, Pickleball...) é unha proposta innovadora que convida o alumnado a explorar actividades deportivas emocionantes, fomentando a creatividade, o traballo en equipo e o desenvolvemento integral nun ambiente divertido. Adaptados a todos os niveis de habilidade, ofrecen unha alternativa atractiva aos deportes tradicionais, promovendo o benestar integral dos/as participantes.

ENCONTROS DEPORTIVOS* é unha actividade de competición entre equipos do centro ou intercentros en deportes específicos, promovendo a cooperación, a competencia saudable e o desenvolvemento de habilidades sociais e motrices.

En ESO: as ANPAS dos IES poderán solicitar as mesmas modalidades deportivas propostas para o último tramo de Educación Primaria.

EDUCACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN PRIMARIA

4º, 5º e 6º

1º, 2º e 3º

4º, 5º e 6º

XOGOS E MOVEMENTO

RITMO

BAILE MODERNO

XIMNASIA RÍTMICA

PREDEPORTE

ATLETISMO

BADMINTON

BALONCESTO

BALONMÁN

FÚTBOL SALA

HOCKEY SALA

MULTIDEPORTE

TENIS

VOLEIBOL

XOGOS DE TABOLEIRO E FICHAS

PRE-XADREZ

XADREZ

PREPATINAJE 1

(só para 5º e 6º cursos)

PREPATINAJE

PATINAXE ARTÍSTICA

HOCKEY SOBRE PATÍNS

XOGOS TRADICIONAIS 1

XOGOS TRADICIONAIS 2

DEPORTES ALTERNATIVOS

INICIACIÓN A DEPORTES ALTERNATIVOS

ENCONTROS DEPORTIVOS

(torneos de centro e intercentros)

ENCONTROS DEPORTIVOS

(torneos de centro e intercentros)

Poderanse solicitar outros deportes sempre que o centro teña as instalacións adecuadas. A Federación Provincial de ANPAS avaliará estas propostas para decidir a súa realización.

METODOLOXÍA

Baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que sentan a gusto na actividade.

RECURSOS HUMANOS DO PROGRAMA

Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable a un único educador/a; excepto aqueles grupos que polos seus especiais características necesiten dun/a educador/a de reforzo.

Cando:

Dende o 01/10/2024 ata o 20/06/2025

Inscricións:

Dende o 01/08/2024 ata o 15/09/2024

A inscrición realizarase en liña: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gao

Teléf.: 981 184 200 ext. 22012, 22013 e 10259

Requisitos:

    Máis información:

    Federación provincial das ANPA de centros públicos

    R/ Orzán, 21. 15001 A Coruña

    Tel.: 981 202 002 // 981 201 877

    ocio@fedapascoruna.org

    Documentos relacionados

    • Proposta de lecer educativo 2024-25 (1 MB)

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión