Concello da Coruña

Concello da Coruña

Educación viaria coa Policía 2024-25

O programa de Educación Viaria do Concello da Coruña é unha actividade dirixida e realizada pola Policía Local da nosa cidade. Busca mellorar a seguridade viaria dos escolares mediante unha formación adecuada e adaptada ás necesidades e diversidade dos grupos, destacando a transmisión de valores e actitudes de condutas cívicas, e por tanto, viarias.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP, e EE.

Obxecto:

  • Aprender coñecementos relativos ao tráfico adaptados a cada idade: sinais, normas...
  • Adquirir hábitos correctos relacionados coa seguridade viaria como peóns, pasaxeiros dos vehículos a motor ou ciclomotores e como condutores de bicicletas.
  • Coñecer a contorna urbana e arredores do seu centro educativo.
  • Tomar conciencia dos riscos de condutas imprudentes no tráfico.
  • Reflexionar sobre a mobilidade sostible: a contaminación medioambiental e acústica provocada polo tráfico.
  • Achegar a figura da policía local como alguén próximo que lles ensina a moverse pola cidade de forma segura.

Todas as persoas somos usuarias das vías públicas. O tráfico e a nosa mobilidade en xeral, ben como peóns, condutores ou pasaxeiros, é unha das vantaxes do progreso, mais aínda temos que traballar para minimizar os inconvenientes que tamén leva: as vítimas por accidentes e a deterioración ambiental.

A Policía Local, é a organización profesional e pública con formación especializada en tráfico e mobilidade, así como os únicos con competencias neste ámbito dentro do centro urbano, por tanto, a lei encoméndanos unha das funcións máis importantes: a prevención. A Educación Viaria é a mellor prevención que existe, así nolo demostran as estatísticas, xa que os países con menos sinistralidade son os que máis esforzos dedican a formación en Educación Viaria. Por isto, dispoñemos dunha policía con formación en psicopedagoxía que se encarga do deseño e implementación dos programas de Educación Viaria dirixidos ao alumnado da nosa cidade. Estes programas están deseñados para adaptarse ás necesidades e diversidade dos grupos. Buscan o fundamento dunha mellor Seguridade viaria para todos e todas.

Dispoñemos de varias modalidades en función das idades dos grupos:

  1. "Os parruliños coñecen a rúa": para alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.
  2. "Coruña diversa": para alumnado de necesidades educativas especiais, asociacións e entidades de persoas con diversidade funcional, así como persoas maiores de 60 anos que desexen formarse en novas modalidades de mobilidade persoal
  3. "Coñecer o Centro Integral de Mobilidade (CIMOB)": para alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria e asociacións veciñais ou entidades de interese. Fórmase aos asistentes nas variedades existentes en mobilidade dentro do termo municipal así como a súa vixilancia mediante o circuíto de videocámaras
  4. "Rodando pola cidade de cristal"4º, 5º e 6º de Educación Primaria, ESO e Bacharelato. Inclúe talleres de bicicleta, formación en Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP) e saída ciclista posterior.

Condicións do programa

É un programa flexible, que se pode adaptar ás limitacións horarias dalgúns cursos ou centros.

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Inscrición centros

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo municipal de Policía Local

Diego Someso Anguita

Tfno. 981184200 Ext.: 88059

Móbil: 673 066 007

ds.anguita@coruna.gal

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión