Actividade dirixida aos centros públicos de ensino da cidade
Normalización Lingüística
Complementaria
Público
Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa o Falamos primaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. Con este fin, o mércores 18 de outubro de 2023 imos desenvolver a seguinte actividade no auditorio do Centro Ágora:
Cada centro só poderá asistir a unha función (de aproximadamente 45 minutos). A cada pase asistirán 2 centros (por orde de solicitude de inscrición) con 50 alumnos/as como máximo, mais o profesorado acompañante. Deberannos indicar o curso, número de alumnado e de profesorado acompañante. Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude ata que se complete a capacidade prevista. A actividade é de balde. O transporte para asistir a ela, se for necesario, é por conta dos colexios. Pídese que se estea no Centro Ágora con 15 minutos de antelación.
Obxectivos do programa Falamos primaria:
"Mil maxias máis", do Mago Antón é un espectáculo para poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón coa finalidade de facer que o alumnado e profesorado espectador lembre a importancia que ten a palabra en galego.
A maxia é moito máis ca unha actividade de lecer ou unha industria cultural, é unha arte escénica que, ademais de sorprender, divertir e emocionar, pode e debe contribuír a que a fala, que é o don máis prezado que temos como galegas e galegos, non desapareza nunca. Foi Álvaro Cunqueiro, un gran mago da palabra, quen falou das "mil primaveras máis para a nosa lingua". Parece cousa de maxia dicir tanto con tan só tres palabras.
Este espectáculo quere ser unha homenaxe a Cunqueiro e tamén a todas as mulleres e homes que -cultivando a literatura, as artes, a música, ao longo da historia- sempre tiveron presente que a nosa fala era unha especie de variña máxica que tiñamos nas nosas mans para facer que Galicia durase mil primaveras máis.
Máis información a través de inscricionslingua@coruna.es
18/10/2023
Xa rematou
Dende o 02/10/2023 ata o 17/10/2023
*ata esgotárense as capacidades marcadas para cada pase (50 alumnas/os de 2 centros -por orde de solicitude de inscrición na web de Educación- e o seu profesorado)
Normalización Lingüística
CONCELLARÍA DE FOMENTO E PROMOCIÓN DA CIDADE
Tel.: 981 184 200, exts. 34311, 34310, 34333
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible