Concello da Coruña

Concello da Coruña

Feira Matemática 2022-23

A XVI edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e profundar no ensino e aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando as nenas, nenos e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Dirixida a alumnado desde EI a Universidade, así como ao profesorado e a todo o público en xeral.

Horario:

De 11.00 a 20.00 horas

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Desde o ano 2000 lévase a cabo o 12 de maio como o Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona da Coruña, celebrámolo dunha forma especial cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o día escolar das matemáticas é "as matemáticas dos volcáns", o que pode dar unha idea aos docentes para preparar a actividade ou o material. Nesta ligazón podes descargar o material que María Charco Romeu, investigadora do CSIC no Instituto de Xeociencias (IGEO), ten preparado e que se publicou noº n 101 da revista SUMA.

O evento, dedicado a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos e alumnas pode expoñer, vender, comprar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

CONDICIÓNS DO PROGRAMA

Cada grupo de participantes pode expoñer, vender ou comprar unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas entre as que cosidere oportuno. Cada centro dispoñerá dunha caseta ou posto para mostrar todas as súas experiencias de aula, xogos, exposicións...

Podes ver toda a información sobre o programa na seguinte ligazón: Feira Matemática

Cando:

15/04/2023

A feira matemática realizarase o sábado 15 de abril, de 11.00 a 20.00 horas no Hall de Proa de Palexco

Xa rematou

Contacto:

Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

info@agapemacoruna.com

Enderezo:

Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco. Avda. Porto da Coruña 1. 15003 A Coruña

Máis información:

Servizo municipal de Educación

Marta Díaz

Tel.: 981 184 200 ext. 12039

educacion@coruna.es

Documentos relacionados

  • dosier feira (3 MB)
  • Programa da feira (386 KB)
  • Cartel feira (334 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión