A XVII edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e afondar no ensino-aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando a nenos/as e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).
De calquera concello
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Dirixida a alumnado desde EI á Universidade, así como ao profesorado e a todo o público en xeral.
De 11.00 a 20.00 horas
Gratuíto.
Desde o ano 2000 celébrase o 12 de maio como o Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona da Coruña, celebrámolo dunha forma especial cunha FEIRA MATEMÁTICA.
O lema deste ano para o día escolar das matemáticas é "Xogando coas matemáticas", sobre os xogos matemáticos, os enigmas e outras actividades de entretemento, o que pode dar unha idea aos docentes para preparar a actividade ou o material.
A actividade, dedicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos e alumnas pode expoñer, vender, comprar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.
CONDICIÓNS DO PROGRAMA
Cada grupo de participantes pode expoñer, vender ou comprar unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas entre as que considere oportuno. Cada centro disporá dunha caseta ou posto para mostrar todas as súas experiencias de aula, xogos, exposicións...
Podes ver toda a información sobre o programa no seguinte enderezo: Feira Matemática
06/04/2024
06/04/2024
A feira matemática realizarase o sábado 6 de abril, de 11.00 a 20.00 horas no vestíbulo de Proa de Palexco
Xa rematou
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).
Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco. Avda. Porto da Coruña 1. 15003 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible