Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Gargallada. Novas xeracións na comedia

Prepara o teu alumnado para unha aventura onde o humor, a creatividade e a nosa lingua galega se unen nunha explosión de gargalladas e aprendizaxe.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO e BACH dos centros educativos do Concello da Coruña

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

Esta actividade, enmarcada dentro da dinamización lingüística, está baseada na creación e posta en escena de monólogos da man de humoristas profesionais da nosa cidade. Non só potenciará a comprensión e a expresión oral, senón que tamén brindará un espazo único para descubrir novos talentos cómicos na aula.

O colofón: unha divertidísima gala ao máis puro estilo "Got talent", onde mostraremos o traballo, coñeceremos "a competencia", repartiranse premios e, por suposto, partirémonos de risa!

Queres saber por que non podes deixar pasar esta oportunidade?

  • Formación con risas aseguradas: o teu alumnado aprenderá os segredos da comedia da man de profesionais de primeira (na aula, con posterior tutela en liña). Dende o primeiro chiste ata o último aplauso, descubrirán como a comedia é unha poderosa ferramenta de expresión e un medio eficaz para a dinamización da lingua galega.
  • Unha experiencia para todas e todos: todo o grupo participará no proceso creativo, aínda que só un ou unha será o/a encargado/a de defender o monólogo final da vosa aula (casting ou audición). Un reto emocionante que sacará o mellor de cada grupo!
  • Cero complicacións para o profesorado: a coordinación do programa require moi pouco esforzo pola túa banda. Con toda a nosa axuda, o alumnado desenvolverá as súas habilidades mentres ti atopas novas formas de aplicar criterios de avaliación.
  • O peche será espectacular: unha gran gala final, cun formato audiovisual digno dos mellores programas de televisión, que contará con figuras destacadas do humor local, vídeos, premios, actuacións sorpresa e moitas gargalladas.
  • A GALA TERÁ LUGAR O XOVES 27 DE MARZO, ÁS 17.00 HORAS, NO AUDITORIO DO CENTRO ÁGORA.

Non deixes que o teu alumnado perda esta oportunidade única de aprender, divertirse e brillar no escenario. Únete a nós en gargallada e axúdalles a descubrir o seu lado máis cómico, á vez que contribuímos á dinamización lingüística!

Cando:

Dende o 16/09/2024 ata o 31/03/2025

A gala de presentación dos monólogos terá lugar o xoves 27 de marzo de 2025, ás 17.00 horas, no auditorio do Centro Ágora

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Ficha de solicitude

A adxudicación das prazas farase respectando a orde de chegada das inscricións, ata un máximo de 16 grupos.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200, ext: 10259

Microrec

Tel.: 626 930 047

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

Documentos:

Bases do Certame Gargallada. Novas xeracións na comedia (88 KB)

Documentos relacionados

  • Dosier informativo Gargallada (4 MB)

Descargar ZIP cos documentos relacionados.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible