Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O programa ofrece a oportunidade de perfeccionar o dominio de idioma inglés e profundar no coñecemento real doutra cultura, obtendo ademais un certificado oficial do nivel alcanzado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
Servizo municipal:
Educación
Tipo de actividade:
Outras
Titularidade do centro:
Público, Concertado, Privado
A quen vai dirixido?:
Alumnado empadroado no concello da Coruña que curse 1º de BACH. no curso 2024-25.
O programa "Idiomas do Mundo" oferta un mínimo de 29 prazas para estancias dun mes en Irlanda durante os meses de xullo e agosto, destinadas a estudantes que cursen 1º de Bacharelato durante o presente curso escolar.
O programa promove que o alumnado participe nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación das persoas participantes respecto á diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permita avanzar no seu desenvolvemento persoal.
As condicións do programa recolleranse nas bases reguladoras do programa, as cales están en elaboración.
REQUISITOS
Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado matriculado nun centro educativo do Concello da Coruña que cumpra os seguintes requisitos:
Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, cun tempo previo de empadroamento mínimo dun ano ininterrompido inmediatamente anterior á publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2024-2025.
Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 6 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
Contar en curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.
Non estar inmerso nas prohibicións recollidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este requisito, que inclúe non ter débedas co Concello da Coruña, será comprobado só no caso de resultar seleccionado, podendo dar lugar a que un solicitante inicialmente admitido pase a estar excluído por non cumprir este requisito na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
BOLSA
A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias, en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan segundo as contías e porcentaxes sinalados na táboa recollida nas bases do programa, establecéndose dous tipos de bolsa:
Bolsa total: serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación, en relación á situación económica da unidade familiar nuclear, comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive).
Bolsa parcial: o Concello asumirá unmáximo do 65% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que obteña unha puntuación, en relación á situación económica da unidade familiar nuclear, comprendida entre 0 e 6 puntos. As familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 35% do prezo da praza.
Inscricións:
Dende o 11/03/2025 ata o 24/03/2025
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das bases e da convocatoria do programa no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
As persoas solicitantes deberán seguir os seguintes pasos para inscribirse no programa:
Facer a inscrición en liña na web municipal de educación, a través da ficha específica do programa. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se envía ao correo electrónico facilitado na solicitude e que debe ser achegado co resto de documentación a presentar no Concello para formalizar a solicitude. Este xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso.
Presentar por rexistro a documentación complementaria do expediente e o xustificante de confirmación da inscrición en liña (documento do apartado anterior) debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais. O nome da persoa que debe aparecer como interesada na solicitude presentada por rexistro debe de ser o do/a menor que solicita a bolsa.
IMPORTANTE: unha vez cuberta a ficha de inscrición en liña é imprescindible entregar por rexistro toda a documentación que vén establecida nas bases.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible