IDIOMAS NO CENTRO é unha emocionante proposta de lecer centrada na aprendizaxe de idiomas estranxeiros de forma divertida.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Escolares de Educación Infantil, Primaria e Secundaria de centros públicos do Concello da Coruña:
O alumnado organízase en grupos cun mínimo de 10 participantes.
A determinar pola ANPA de cada centro educativo: 2 sesións semanais de 1 hora.
COTAS A ABOAR NO CURSO 2024/2025
Aboaranse 3 cotas de 45 € ao longo do curso nos seguintes períodos:
Todos os escolares inscritos aboarán unha única cota anual de 4 € en concepto de SEGURO DE ACCIDENTES, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpa no período lectivo do curso 2024/2025.
O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de Bolsa "Comedor" para o curso 2024/2025, terá un desconto do 50 % da cota.
Obxectivos xerais:
O programa distínguese por ser unha actividade complementaria cun enfoque lúdico, onde os estudantes participan activamente. As actividades adáptanse aos intereses do alumnado, cunha forte énfase no desenvolvemento de habilidades comunicativas orais e prácticas para a vida cotiá.
Organízase a través de dúas propostas diferenciadas: ENGLISH LAB (inglés) e ON PARLE (francés).
Metodoloxía
As características que definen a metodoloxía das actividades do programa son: actividade complementaria dentro do centro escolar, a contorna lúdica e a participación activa do alumnado.
Estas serán os acenos de identidade da actividade. Por todo isto emprégase unha metodoloxía que reforce a contorna de diversión nunha actividade complementaria e que pretende enriquecer o tempo de lecer formativo dos e as participantes.
Atenderase aos intereses do alumnado, apoiándose permanentemente nas habilidades derivadas do uso oral do idioma, con actividades enfocadas a resolver necesidades da vida cotiá.
TIPO DE PROPOSTAS:
1. ENGLISH LAB
Ofrecemos unha inmersión en inglés adaptada a todas as etapas educativas, desde infantil ata secundaria, onde o xogo é fundamental. Integrando contidos do idioma con disciplinas e actividades atractivas, melloramos a capacidade de escoita a través de temas interesantes que promoven a participación activa. Ademais, potenciamos a expresión oral nun ambiente de confianza, desenvolvendo seguridade e fluidez para conversas e debates cotiáns, especialmente na etapa de secundaria.
2. ON PARLE
Mergúllate na nosa proposta específica de francés, deseñada para estudantes novos no idioma e para aqueles que desexan mellorar a súa fluidez e comprensión oral.
Os nosos obxectivos son proporcionar unha inmersión en francés adaptada a cada nivel educativo cun enfoque na diversión e o xogo, integralo en disciplinas e actividades atractivas para todos os/as participantes, introducir e apoiar a aqueles/as sen experiencia previa e fortalecer o coñecemento do francés en quen xa teñen algunha experiencia, así como mellorar a expresión oral a través de temas motivadores nunha contorna divertida e relaxada.
Dende o 01/10/2024 ata o 20/06/2025
Dende o 01/08/2024 ata o 15/09/2024
A solicitude será en liña a través da seguinte ligazón:
Federación de ANPA de centros públicos
Rúa Orzán, 21. 15003 A Coruña
Tel. 981 202 002 / 981 201 877
Servizo Municipal de Educacion
Tel.: 981 184 200 ext. 10259
Avaliación
Será un proceso de avaliación continua. Empregaremos ordinariamente ferramentas de avaliación oral por medio de conversas, debates, exposicións, postas en común... para valorar o nivel individual do alumnado.
De forma extraordinaria, dúas ou tres veces durante o curso, levarán a cabo postas en común grupais ou creacións en soporte audiovisual que sirvan de mostra, e ao mesmo tempo de avaliación, do nivel de progreso do alumnado participante.
Novas relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible