Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Itinerarios 2024-25

Percorridos por diversas zonas da cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos, mediante actividades de observación.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado desde 3º a 6º de EP, de ESO e de Bacharelato dos CEIP e IES da cidade.

Horario:

As sesións realízanse ás 10:00 h. ou 12:00 h e teñen unha duración de 90 minutos.

Prezo / Custo:

1,50 € por alumno/a en concepto de cota. Unha vez confirmados os itinerarios e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo para realizar o ingreso, o custo total por aula e o modo de ingreso da cota.

Condicións do programa

  • Cada centro poderá solicitar un único itinerario por grupo-clase.
  • Necesidade da presenza do profesor/a de o grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento do itinerario.
  • O programa ten establecido un número máximo de itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta se procederá á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
  • Servizo de transporte
    • O transporte facilítao o Concello.
    • O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada itinerario. Este horario pode axustarse en función da distancia do colexio ao lugar de inicio do itinerario.
    • Os autobuses teñen 55 prazas, polo que en ningún caso pódese exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante).
    • Os centros que necesiten transporte adaptado deben solicitalo previamente.

Itinerarios que se ofertan

3º e 4º EP

5º e 6º EP

1º e 2º ESO

  • Camiño real. Itinerario SMART
  • Personaxes da cidade
  • Isabel Zendal e os nenos das vexigas.
  • María Casares: unha Coruñesa en París

3º e 4º ESO e BACH

Calendario

  • Envío do calendario provisional: 17 de xaneiro (modificacións ata o 24 de xaneiro, inclusive).
  • Envío do calendario definitivo: 31 de xaneiro,
  • Inicio de actividades: 17 de marzo.

Paradas de autobús

EDUCACIÓN PRIMARIA

A CIDADE DE MARÍA Pita . 3º-4º PRIMARIA

Parada de autobús para INICIO

Parada de autobús para RECOLLIDA

MAESTRANZA-METROSIDERO (482)

MAESTRANZA-METROSIDERO (482)

PICASSO MOZO. 3º-4º PRIMARIA

Parada de autobús para INICIO

Parada de autobús para RECOLLIDA

PRAZA DE PONTEVEDRA, 11 (197)

PRAZA DE PONTEVEDRA, 11 (197)

PRAZAS CON PODER. 5º-6º PRIMARIA

Parada de autobús para INICIO

Parada de autobús para RECOLLIDA

PORTA REAL, DÁRSENA (139)

PORTA REAL (1)

PRAZA FORTE. 5º-6º PRIMARIA

Parada de autobús para INICIO

Parada de autobús para RECOLLIDA

PARROTE-H. FINISTERRE (140)

CASTELO SAN ANTÓN

EDUCACIÓN SECUNDARIA

MODERNISMO. EDUC SECUNDARIA

Parada de autobús para INICIO

Parada de autobús para RECOLLIDA

PRAZA PONTEVEDRA 11 (197)

PRAZA PONTEVEDRA 11 (197)

PERSONAXES DA CIDADE. EDUC SECUNDARIA

Parada de autobús para INICIO

Parada de autobús para RECOLLIDA

PORTA REAL- DÁRSENA (139)

PORTA REAL (1)

ISABEL ZENDAL. EDUC SECUNDARIA

Parada de autobús para INICIO

Parada de autobús para RECOLLIDA

DOMUS

PORTA REAL (1)

CAMIÑO REAL. EDUC SECUNDARIA

Parada de autobús para INICIO

Parada de autobús para RECOLLIDA

PORTA REAL

PORTA REAL (1)

MARÍA CASARES. EDUC SECUNDARIA

Parada de autobús para INICIO

Parada de autobús para RECOLLIDA

PRAZA DE ESPAÑA 24 (183)

PORTA REAL (1)

Itinerarios SMART

Itinerarios SMART. É unha versión dixital do mesmo percorrido que permite traballalo previamente na aula. O itinerario SMART é unha nova forma de dar a coñecer á cidade aos escolares a través de contidos dixitais interactivos.

Unha sinxela páxina web é o punto de partida onde profesorado e alumnado preparan o seu itinerario. Desde ela poden explorar, coñecer e estudar a historia, a arte e as curiosidades dos elementos que máis tarde coñecerán in situ.

Neste vídeo práctico móstrase a funcionalidade da plataforma que acolle os Itinerarios Smart.

Cando:

Dende o 03/03/2025 ata o 20/06/2025

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Ficha de solicitude

Contacto:

Federación de ANPA de centros públicos

Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel. 692 345 474

itinerarioscoruna@gmail.com

Servizo municipal de Educación

Susana Vara Bilbao

Tel. 981 18 42 00 ext. 10179

educacion@coruna.gal

Recursos humanos:

Persoal especialista contratado pola Federación Provincial de ANPA de centros públicos.

Documentos relacionados

  • Guía dos Itinerarios 2024-2025 (358 KB)

Descargar ZIP cos documentos relacionados.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible