Cuarta edición. A saga continúa. Un curso máis creamos unha escena "de cinema" para a nosa contorna educativa para crear unha curtametraxe en galego: luces, cámara e acción...
Só da Coruña
Educación
Outras
Público, Concertado
Alumnado de 5.º e 6.º de primaria, ESO e FP básica de centros educativos públicos e concertados do municipio da Coruña.
Cada centro poderá inscribir, como máximo, dous equipos. Cada equipo estará coordinado por un/unha docente.
Os grupos participantes dividiranse en dúas categorías: primaria e secundaria/FP.
Anual
Gratuíto
"Cinema na escola" busca achegar esta disciplina artística á xente máis nova, aos centros e ao seu persoal docente, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías facilitan o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.
O programa "Cinema na escola" persegue converter a cada alumno/a en verdadeiro o protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender e expresar emocións e contar historias.
REQUISITOS
FORMACIÓN
Os centros que soliciten participar recibirán un módulo de formación orientado ao profesorado que coordine a actividade, acceso a material exclusivo "videotutoriais "e acceso directo ao equipo técnico para resolver dúbidas ao longo de toda a fase creativa.
O módulo de formación constará de dúas sesións de 90 minutos en liña, onde se abordarán aspectos como: a idea, a sinopse, o guión literario, técnicas de gravación, o casting, ensaios, plan de rodaxe, edición e montaxe.
Terminada a fase de formación en liña haberá unha segunda fase de formación individual presencial e de seguimento do proxecto, onde os equipos poderán comezar o traballo de guionización, gravación, edición e montaxe final das curtametraxes.
PREMIOS
Designarase un Xurado (composto por, polo menos, tres membros especialistas na materia) que valorará e propoñerá unha selección dos proxectos finalistas como candidatos a cada un dos premios propostos; que serán entregados nunha gala final por cada categoría.
Os premios que se van conceder en cada categoría son os seguintes:
Tamén poderán outorgar ata 3 mencións: valores, comedia e esforzo, para favorecer que todos os centros poidan sentirse protagonistas nas Galas finais.
Ademais entregarase un premio do público para a curtametraxe máis valorada en redes sociais, que se poderán visualizar na nosa canle de Youtube.
Dende o 16/09/2024 ata o 30/05/2025
Dende o 16/09/2024 ata o 20/12/2024
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext. 10259
Persoal encargado da realización do programa:
Visión Líquida SL
Teléf.: 625 247 468
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible