Concello da Coruña

Concello da Coruña

IV Cinema na escola 2024-25

Cuarta edición. A saga continúa. Un curso máis creamos unha escena "de cinema" para a nosa contorna educativa para crear unha curtametraxe en galego: luces, cámara e acción...

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5.º e 6.º de primaria, ESO e FP básica de centros educativos públicos e concertados do municipio da Coruña.

Cada centro poderá inscribir, como máximo, dous equipos. Cada equipo estará coordinado por un/unha docente.

Os grupos participantes dividiranse en dúas categorías: primaria e secundaria/FP.

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

"Cinema na escola" busca achegar esta disciplina artística á xente máis nova, aos centros e ao seu persoal docente, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías facilitan o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.

O programa "Cinema na escola" persegue converter a cada alumno/a en verdadeiro o protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender e expresar emocións e contar historias.

REQUISITOS

  • Alumnado de 5º e 6º de Primaria, de ESO e FP Básica, de centros educativos públicos e concertados do municipio da Coruña.
  • A elaboración da curtametraxe polo alumnado participante realizarase utilizando como ferramenta os teléfonos móbiles.
  • Cada centro poderá inscribir, como máximo, dous equipos.
  • Cada equipo estará coordinado por un/unha docente.
  • As curtametraxes terán que ser en lingua galega e deben entregarse no mes de abril.
  • O programa poderá ser suspendido se non hai un mínimo de 20 centros inscritos.

FORMACIÓN

Os centros que soliciten participar recibirán un módulo de formación orientado ao profesorado que coordine a actividade, acceso a material exclusivo "videotutoriais "e acceso directo ao equipo técnico para resolver dúbidas ao longo de toda a fase creativa.

O módulo de formación constará de dúas sesións de 90 minutos en liña, onde se abordarán aspectos como: a idea, a sinopse, o guión literario, técnicas de gravación, o casting, ensaios, plan de rodaxe, edición e montaxe.

Terminada a fase de formación en liña haberá unha segunda fase de formación individual presencial e de seguimento do proxecto, onde os equipos poderán comezar o traballo de guionización, gravación, edición e montaxe final das curtametraxes.

PREMIOS

Designarase un Xurado (composto por, polo menos, tres membros especialistas na materia) que valorará e propoñerá unha selección dos proxectos finalistas como candidatos a cada un dos premios propostos; que serán entregados nunha gala final por cada categoría.

Os premios que se van conceder en cada categoría son os seguintes:

  • Mellor curtametraxe.
  • Mellor representación feminina.
  • Mellor representación masculina.
  • Mellor guión.
  • Mellor fotografía.
  • Mellores efectos visuais.
  • Mellor edición de vídeo.
  • Mellor edición de audición.

Tamén poderán outorgar ata 3 mencións: valores, comedia e esforzo, para favorecer que todos os centros poidan sentirse protagonistas nas Galas finais.

Ademais entregarase un premio do público para a curtametraxe máis valorada en redes sociais, que se poderán visualizar na nosa canle de Youtube.

Cando:

Dende o 16/09/2024 ata o 30/05/2025

  • Fase de inscrición: de setembro a novembro.
  • Fase de formación: xaneiro e febreiro.
  • Fase de seguimento e creación das curtametraxes: febreiro e marzo.
  • Fase de entrega das curtametraxes: abril, polas canles abertas para a ocasión.
  • Fase de deliberación do xurado e votación popular: 2ª quincena de abril.
  • Celebración das galas, con entrega de premios: categoría Primaria, o 6 de maio (por confirmar); e categoría de Secundaria, o 13 de maio (por confirmar)

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 29/11/2024

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10259

educacion@coruna.gal

Persoal encargado da realización do programa:

Visión Líquida SL

Teléf.: 625 247 468

cinemanaescola2425@gmail.com

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10259

educacion@coruna.gal

Máis información:

Documentos:

Guía informativa Cinema na Escola 2024-2025 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión