Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Para a celebración do Samaín propóñense uns talleres e un pasarrúas para realizar co alumnado dos centros educativos da cidade.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Educación
Titularidade do centro:
Público
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 3.º e 4.º de EP dos centros da cidade
Obxecto:
Con motivo da celebración do Samaín, o Concello da Coruña formúlavos unha serie de actividades nas que o alumnado do centro educativo pode formar parte activa, xunto ao profesorado do centro, para celebrar esta tradicional festa.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
A proposta consta cuns talleres relacionados co Samaín e un desfile final polo centro da cidade.
OBRADOIROS
Do 7 ao 10 ou do 21 ao 24 de outubro impartiranse talleres de catro horas de duración (unha hora cada día) na franxa das 09.00 ás 14.00 h.
Haberá un máximo de 12 centros escolares participantes, e cada grupo escolar estará formado por 25 nenos/as de 3.º e/ou 4.º de EP.
Será o centro escolar quen decida se o grupo o conforman alumnos/as da mesma clase ou se hai unha elección de entre varias clases ou cursos.
A finalidade destes talleres é a de confeccionar os disfraces e o estandarte que levarán os/as rapaces/as durante o pasarrúas e a recepción en María Pita.
O monitor/a proporcionará a maior parte do material e indicaralles aos alumnos ou alumnas que outras cousas teñen que traer da casa para complementar o seu vestiario.
Ademais, no primeiro taller, o/a monitor/a explicaralle á rapazada en que consiste a festa do Samaín e cales son as súas orixes e tradicións.
DESFILE
O 30 de outubro ás 11.00 h realizarase un pasarrúas terrorífico no que participarán todos os grupos que estiveron nos talleres.
O alumnado será citado na praza de Lugo unha media hora antes do inicio da procesión. O concello xestionará un servizo de autocares para os desprazamentos.
Cada grupo irá acompañado do seu profesor ou da súa profesora e un/unha monitor/a, que será o/a encargado/a de guialos/as ata a recepción en María Pita.
O pasarrúas estará dinamizado por personaxes caracterizadas para animar o percorrido.
RECEPCIÓN EN MARÍA PITA
31 de outubro ás 12.30 h. A comitiva será recibida por representantes municipais no concello, que lles entregarán diversos premios para material escolar.
PREMIO
Cada un dos grupos participantes nas actividades recibirá un bono de 150 euros destinado á compra de material escolar.
QUE NECESITAMOS DO CENTRO ESCOLAR?
O centro escolar proporcionará unha aula onde poder desenvolver o obradoiro, así como material básico de traballos manuais (tesoiras, pegamento, pinturas...).
O centro porá á disposición un/unha profesor/a para colaborar na atención dos/as alumnos/as, tanto durante o taller na aula, como durante o saída do día 31 (no autocar e no pasarrúas).
O centro tamén terá que lles dar o permiso aos 25 alumnos/as para empregar as horas lectivas en acudir ao taller, así como ao pasarrúas.
Confirmar os permisos de cesión de fotografías dos/as rapaces/as participantes.
Para a confección dos seus disfraces, cada alumno/a deberá traer ao centro as pezas básicas de roupa que lle solicite o seu monitor ou a súa monitora.
Cando:
Dende o 23/09/2024 ata o 31/10/2024
Xa rematou
Inscricións:
Dende o 12/09/2024 ata o 20/09/2024
As inscricións realízanse a través do correo electrónico.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible