Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O sistema de control do aire da Coruña (parque de Santa Margarida) 2024-25
Visita guiada. Duración aproximada: 90 minutos.
Servizo municipal:
Medio Ambiente
Tipo de actividade:
Complementaria
Obxecto:
Descubrir o funcionamento e os parámetros estudados nas Estacións de Vixilancia da Calidade do Aire na Coruña. Cantas e cales son na nosa cidade.
Dar a coñecer indicadores naturais da contaminación atmosférica que están ao noso arrredor: liques e plantas alértannos.
Coñecer e demandar a obrigatoriedade das autoridades de controlar a calidade do aire que respiramos.
Contidos
O ruído percibido directamente na rúa.
Medición do son: os decibeles.
Niveis de ruído e efectos á súa exposición.
Medición de parámetros meteorolóxicos nas casetas do Aire.
Medición da contaminación atmosférica
Indicadores naturais da contaminación atmosférica.
Desenvolvemento da actividade
A través dun percorrido camiñando polo parque de Santa Margarida imos coñecer interesantes cuestións sobre a contaminación atmosférica. Alí visitaremos a Estación de Calidade do Aire. Os participantes, a través dunha ficha de traballo, realizarán unha toma de datos de diferentes parámetros ambientais para analizar posteriormente no obradoiro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible