Concello da Coruña

Concello da Coruña

Patios abertos

Apertura das instalacións exteriores dos colexios, en horario non lectivo, e uso delas como lugares de participación e socialización.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Comunidade educativa e veciñal

Horario:

Venres, sábados, domingos e festivos en horario de 18:00 a 21:00 horas

Tipo de actividade:

Lúdica, destinada a menores en horario non escolar

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

Crear espazos comúns de encontro, lecer alternativo e aprendizaxe cooperativa nos barrios.

Actividades

Xogos populares e tradicionais, xogos colaborativos, competicións deportivas, danzas do mundo, dinamización daqueles grupos que se creen de forma espontánea, promovendo a participación activa de actividades de lecer saudables.

Condicións do programa

Os centros aprobarán o uso dos espazos en Consello escolar.

O concello poñerá a disposición do espazo dúas persoas que farán labores de dinamización e vixilancia.

Cando:

Esta actividade levarase a cabo de xaneiro a agosto (por confirmar).

Inscricións:

Dende o 09/09/2019 ata o 04/10/2019

Para os centros: solicitude dirixida ao Servizo Municipal de Educación

Para o alumnado: acceso libre

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Teresa Delgado López

Tel.: 981 184 200 - Ext.: 12039

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión