O Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, ofrece a titulados de grao superior de FP a oportunidade de realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de diversos países de Europa (Malta, Italia, Portugal, República Checa, Polonia ou Austria), para promover a adquisición de competencias profesionais e mellorar as oportunidades de emprego, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países.
Só da Coruña
Educación
Outras
Público
Persoas tituladas de ciclos superiores de FP específica e cursos de especialización de FP entre decembro de 2023 e xuño de 2024, nos centros públicos de FP adscritos ao programa: CIFP Ánxel Casal, CIFP Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís e IES A Sardiñeira.
No caso das persoas tituladas en xuño de 2024, a súa participación quedará supeditada á xustificación de ter terminado o ciclo e superada a FCT.
Non poderán participar as persoas tituladas en FP na modalidade Dual.
Ter escasa ou nula experiencia profesional na titulación de FP cursada.
Dotación da bolsa
As persoas participantes recibirán en concepto de bolsa unha axuda económica 1.500,00 € destinada a financiar os gastos de manutención no país de destino (alimentación, viaxes locais e demais gastos diarios).
Ademais financiaranse as viaxes e o aloxamento.
A contía total está calculada sobre a base dos importes establecidos polo SEPIE e a achega municipal e da posible achega da Deputación.
O obxecto deste programa é promover a aprendizaxe e a formación de mozos e mozas profesionais en Europa, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países, mediante a concesión de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas de diversos países de Europa.
Cos obxectivos de:
Servizos incluídos no programa
O programa inclúe os seguintes servizos para cada participante:
Condicións do programa
Dentro do prazo de presentación de solicitudes, ademais de formalizar a ficha de inscrición na web www.coruna.gal/educacion , as persoas interesadas deberán achegar unha serie de documentos nos rexistros municipais ou outros (presencialmente ou por rexistro electrónico https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l322),
A selección realizarase tendo os seguintes criterios (por confirmar):
Entidades colaboradoras
Nove centros educativos públicos de FP da Coruña, con titulacións de grao superior adscritos ao proxecto, que xunto coa Deputación (que achega financiamento) e o Concello da Coruña conforman o Consorcio.
O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), do Ministerio de Universidades, que ten como misión xestionar a participación española no Programa Erasmus +.
O período de realización das prácticas formativas será de setembro a decembro de 2024 (por confirmar).
Duración das prácticas: 3 meses (90 días).
Dende o 05/03/2024 ata o 25/03/2024
O prazo de inscrición e presentación da documentación é de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte de publicación no BOP das bases de selección (num.45 do 4 de marzo de 2024)
Acceso á inscrición: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/acore/
Segundo as bases do programa
Concello da Coruña, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) do Ministerio de Universidades e a Deputación Provincial da Coruña.
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible