Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rebumbio matemático 2024-25

Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos centros docentes de Galicia matriculados en 6º curso de Educación Primaria.

Os centros, a través de equipos formados por tres alumnas/os, traballan na resolución de problemas matemáticos de maneira cooperativa.

O programa ten as seguintes fases:

  • Fase de centro, que se realiza durante o mes de marzo no propio colexio. Unha vez terminada esta fase, cada centro comunicará os nomes dos participantes que forman cada equipo (antes do 1 de abril de 2025), cubrindo a ficha do formulario de zona.
  • Fases de zona na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. A fase da zona da Coruña realizarase no Fórum Metropolitano, o venres 25 de abril ás 10.30 horas.
  • Final galega, o 16 de maio, ás 10.30 h na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

Nas Fases de Zona e na Final galega, o alumnado deberá de levar o material que consideren necesario para a resolución das probas (bolígrafo, lapis regra, calculadora etc.). Facilitaráselles papel DIN A4.

Tamén será imprescindible que en ambas as fases cada alumno/a se identifique co seu DNI ou, na súa falta, co certificado acreditativo correspondente do Centro Educativo.

Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2025, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van intervir, e o profesorado responsable, no formulario de inscrición.

A comunicación cos participantes realizarase a través dos enderezos electrónicos que faciliten. É importante que proporcionen dous enderezos diferentes (a do profesor e a do centro) por se houber algún erro nalgunha delas.

Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico rebumbio@agapema.org

Cando:

Dende o 25/04/2025 ata o 16/05/2025

Inscricións:

Dende o 01/12/2024 ata o 01/03/2025

Ficha de inscrición (a cubrir polo centro).

Formulario de zona (a cubrir polo centro, para inscribirse na "fase de zona", e tras realizar a "fase de centro").

Contacto:

Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

info@agapemacoruna.com

www.agapema.org

Máis información:

Servizo municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10911

educacion@coruna.gal

Documentos relacionados

  • XXIV Rebumbio Matemático: bases da convocatoria (160 KB)
  • Cartel do XXIV Rebumbio Matemático (985 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión