"Sementando participación" é un programa que se levará a cabo en 2023 co obxectivo de xerar un proceso de participación infantil para que as e os menores e adolescentes da cidade coñezan e practiquen técnicas, ferramentas e habilidades para a participación cívica.
Só da Coruña
Participación
Outras, Complementaria
Público, Concertado
Alumnado e profesorado de 5º e 6º dos CEIP da Coruña.
Formación do profesorado: 4 h nun día ou 2 h en dous días.
Formación do alumnado: 5 sesións de 50 minutos para cada grupo e 1 acto final conxunto con todo o alumnado.
Gratuíto.
O Concello da Coruña, a través do Servizo de Participación Cidadá e Innovación dependente da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, pon en marcha de novo o proxecto "Sementando Participación". O programa pretende conseguir que a infancia poida expresar libremente as súas ideas e opinións e que estas se teñan en conta e se incorporen nos procesos de toma de decisións en todos os asuntos que lles afectan. A construción dunha voz propia e a consideración da infancia como suxeito colectivo require a incorporación de destrezas, tanto no individual como no colectivo que permitan o exercicio dunha participación efectiva.
Con esta iniciativa apóstase por unha infancia responsable e participativa, ofrecéndolle un espazo propio para expresar as súas ideas e opinións, e a posibilidade de trasladalas ao equipo de goberno.
O Concello da Coruña e a entidade Educo unen esforzo e traballo neste programa que parte da premisa de que a participación cidadá é, ademais dun medio, un procedemento para o apoderamento das persoas, para o exercicio da súa plena cidadanía, do seu dereito á participación e que se desenvolve durante toda a vida
Esta proposta, está dirixida a alumnado de 5 º e 6º de Educación Primaria, tendo como obxectivo principal contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa dos dereitos da infancia a través do fortalecemento específico da participación de nenas, nenos e adolescentes. Para isto nos centros educativos traballarase en dúas liñas:
Condicións do programa
As datas de realización están por determinar.
Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023
Inscrición centros
Área de Igualdade, Benestar Social e Participación
Servizo Municipal de Participación Cidadá
Tel. 981184255
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible