Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo público: programación de teatro para centros escolares 2023-24. Segundo trimestre: primavera 2024

O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, no Fórum Metropolitano.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

IMCE

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de (4 EI e 5 anos), EP, ESO, BACH e FP

Prezo / Custo:

Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/ou para o alumnado de todos os niveis; e gratuíta para o profesorado acompañante.

    Obxecto:

    Achegar as artes escénicas ao público infantil e xuvenil, en horario escolar.

    "Por que é importante incorporar a arte na educación?

    Exercitar o pensamento artístico desde idade temperá é a mellor maneira de garantir e fomentar o acceso da cidadanía á cultura. A educación en todos os niveis transmite o coñecemento que alcanzamos como humanidade, e o artístico, que se desenvolve xusto no terreo do descoñecido, de todo o que nos queda por entender, é unha fonte inesgotable de coñecemento para ampliar as nosas capacidades perceptivas.

    Se complementamos a aprendizaxe que nas nosas sociedades se atopa secuestrado polo pensamento lóxico como ferramenta exclusiva para entender o mundo, co artístico conectaremos aprendizaxes, expandiremos o abano de coñecementos e vincularemos saberes de natureza moi diversa: imaxinativa, operativa, práctica, comunitaria, técnica etc. E, o que é seguramente máis importante, deixarémonos amar polo emocional, incorporando todas as subxectividades, tan ausentes na educación formal.

    Incorporar as artes no sistema educativo achegaranos ao descoñecido e visitaremos competencias moi heteroxéneas. Crear para transformar, en ciencia sempre é así. Nas interfases é onde ocorren os fenómenos máis interesantes. No cruzamento entre o feito artístico, a creación e a educación é onde espertamos esta mirada atenta e a atención activa. Espertamos a observación, tan necesaria para medrar e construír unha cidadanía mellor. Vivir na era da tecnoloxía supón unha transformación na forma de enfocar e entender as cousas, un cambio radical da percepción da realidade".

    Cristina Alonso e Cesar Compte. Codirectores Teatre l'Artesà do Prat do Llobregat no artigo "Os osiconos dun okapi escénico Cultura e educación: tándem para a transformación social".

    Os espectáculos para educación infantil e educación primaria ofértanse tamén ao público familiar o sábado seguinte, ás 18.00 h e os espectáculos para educación secundaria o mesmo día ás 21.00 h para público xuvenil e adulto.

    INSCRICIÓN

    INSCRICIÓN EN LIÑA, a través da ficha específica "DESPACHO DE BILLETES DO IMCE: TODO PÚBLICO", na páxina web www.coruna.gal/educacion (LIGAZÓN Á FICHA):

    Para acceder á ficha poderán utilizar a clave de acceso que se lles adxudicou ou solicitala no "Servidor Central" no teléfono 981 902 327 ou en educoruna@balidea.com .

    CALENDARIO DE INSCRICIÓN:

    Espectáculos PRIMAVERA 2024

    • Para os centros do municipio: a partir do luns 15 de xaneiro
    • Para os centros doutros municipios: a partir do mércores 17 de xaneiro

    CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN:

    • Agradecemos que cada grupo se inscriba nunha única obra de teatro durante o curso para que todos os centros teñan opción de inscribirse nalgunha das funcións.

    Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/o para o alumnado de todos os niveis; e gratuíta para o profesorado acompañante.

    • Cada grupo deberá estar acompañado, polo menos, por unha persoa responsable do centro.

    • A programación de educación infantil está pensada para escolares a partir dos 4 anos.

    • A capacidade máxima será de 300 espectadores/as (incluído o profesorado); ou o que estipule a lexislación sanitaria vixente en cada momento.

    En función das características do espectáculo e do nivel dos/as escolares, pódese producir unha redución da capacidade da sala.

    ADXUDICACIÓN

    • O sistema de inscrición funciona como un despacho de billetes. AS PRAZAS ADXUDÍCANSE AUTOMATICAMENTE POR RIGOROSA ORDE DE PETICIÓN. Posteriormente, serán confirmadas por correo electrónico, con aviso dos prazos para o aboamento de entradas.
    • Se houber máis demanda de prazas ca oferta, abriríase unha listaxe de agarda para cada función, co obxecto de cubrir posibles baixas de grupos ou centros.

    MOI IMPORTANTE: a aplicación informática de inscrición emite un informe da súa inscrición. COMPROBE SE TEN AS PRAZAS ADXUDICADAS OU SE SE ATOPAN NA LISTAXE DE AGARDA.

    RETIRADA E ABOAMENTO DAS ENTRADAS

    1. As entradas deben retirarse e aboarse no prazo que se sinala no calendario que aparece a continuación.

    2. No caso de que non se faga o pagamento no prazo estipulado, adxudicaránselle as entradas doutro centro escolar que estea na listaxe de agarda.

    3. As entradas recolleranse no Fórum Metropolitano, con cita previa (chamando ao teléfono 981 184 297). Recoméndase o pagamento mediante tarxeta de crédito.

    4. No momento de aboar as entradas, poderase reducir o número de reservas ou aumentalas se quedan prazas vacantes.

    5. Permitiranse un máximo dun 10% de devolucións, coa condición de que non excedan de 10 entradas por función e centro. O importe devolverase ao remate da función. No caso de que fosen aboadas con tarxeta de crédito haberá que presentala.

    6. A factura seralle enviada ao centro escolar posteriormente á sesión.

    PAUTAS QUE HAI QUE SEGUIR NO FÓRUM PARA QUE O ESPECTÁCULO SEXA UN ÉXITO

    1) Vimos divertirnos e a gozar do teatro, sen esquecer respectar sempre o traballo das persoas que están no escenario e na sala.

    Debemos seguir as instrucións do persoal de sala en todo momento e actuar con responsabilidade.

    2) A hora destacada no billete de entrada é a hora de inicio da función.

    3) Agradécese a puntualidade. É aconsellable chegar ao Fórum con 10 ou 15 minutos de antelación.

    4) Agradécese que a entrada e saída do edificio se fagan en orde e no maior silencio posible, para evitarlles molestias ás persoas usuarias e traballadoras do Fórum.

    5) Todas as persoas que asistan ao espectáculo accederán ao auditorio portando cada unha a súa entrada.

    6) Unha vez que comece o espectáculo, non se permitirá o acceso ao auditorio.

    7) Por seguridade, hai que deixar libres os corredores e as portas de emerxencia do auditorio.

    8) Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función. Se queren unha foto de grupo, poderán sacala ao termo da función, logo do aviso previo á xefa de sala.

    9) Non está permitido comer nin beber no auditorio.

    MEDIDAS HIXIÉNICO-SANITARIAS NO AUDITORIO DO FÓRUM

    Aínda que a pandemia da COVID-19 xa está en fase de remisión, manteremos certas medidas hixiénico-sanitarias no programa escolar, de maneira que se realizará a limpeza, desinfección e ventilación do auditorio antes e despois de cada función.

    Por parte dos centros escolares, esperamos que actúen con responsabilidade e se absteñan de enviar aos espectáculos alumnado coa enfermidade sen máscara.

    LUGAR: todos os espectáculos serán no Fórum Metropolitano excepto Non é unha canción que se representará no Teatro Rosalía Castro.

    PROGRAMACIÓN

    TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL (4 e 5 anos) E EDUCACIÓN PRIMARIA

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel educativo

    Datas

    Horario

    Duración

    Data tope de pagamento

    PALABRAS

    Baobab Teatro

    (Galicia)

    EI

    1 e 2 de febreiro de 2024

    10.00 e 12.00 h

    45 min

    26 de xaneiro

    GAIA BABA, A MEIGA

    Nauta Teatro (Galicia)

    1.º, 2.º, 3.º, 4.º EP

    9 de febreiro de 2024

    12.00 h

    60 min

    2 de febreiro

    MONSTROS

    Producións Teatráis Excéntricas (Galicia)

    5.º e 6.º EP

    23, 27 e 28 de febreiro de 2024

    Día 23 ás 12.00 h / días 27 e 28 ás 10.00 h

    50 min

    16 de febreiro

    Xampatito Pato (Galicia)

    3.º, 4.º, 5.º e 6.º EP

    14 e 15 de marzo de 2024

    10.00 e 12.00 h

    50 min

    8 de marzo

    LA FÁBULA DE LA ARDILLA

    Companyia de Comediants A Baldufa (Cataluña)

    EI, 1.º e 2.º EP

    4 e 5 de abril de 2024

    10.00 e 12.00 h

    50 min

    29 de marzo

    PLANCTO

    Big Bouncers

    3.º, 4.º, 5.º e 6.º EP

    20 de maio de 2024

    10.00 e 12.00 h

    45 min

    13 de maio

    TEATRO PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA - BACHARELATO - FP

    Todos os espectáculos terán lugar no Fórum Metropolitano excepto "NON É UNHA CANCIÓN" que se representará no Teatro Rosalía

    ESPECTÁCULO

    Compañía

    Nivel

    Datas

    Horario

    Duración

    Data tope de pagamento

    NON É UNHA CANCIÓN (Teatro Rosalía Castro)

    Souvenir

    (Galicia)

    Bacharelato - FP

    26 de xaneiro de 2024

    12.00 h

    75 min

    19 de xaneiro

    MONSTROS

    Producións Teatráis Excéntricas (Galicia)

    1.º, 2.º, 3.º e 4.º ESO

    27 e 28 febreiro de 2024

    12.00 h

    50 min

    16 de febreiro

    NIÑA DE NADIE

    La Zafirina

    (Galicia)

    ESO - Bach

    8 de marzo de 2024

    12.00 h

    70 min

    1 de marzo

    CONTOS ESCOLLIDOS DE EMILIA PARDO BAZÁN

    Soledad Felloza (Galicia)

    ESO

    18 de abril de 2024

    12.00 h

    50 min

    11 de abril

    HISTORIAS DE ARREPÍO

    Paula Carballeira (Galicia)

    ESO

    19 de abril de 2024

    12.00 h

    50 min

    12 de abril

    "A mediación cultural é un foro para o intercambio e a participación, permite alcanzar novas cotas de implicación na construción de comunidade e cultura. Desde esta comprensión, a mediación é educación, unha educación que ten en conta saberes diversos, que non está segmentada por idades e capacidades, e que aposta por procesos de aprendizaxe colaborativa e cooperativa."

    O/a mediador/a cultural "Tamén deseña procesos para activar o pensamento crítico usando a obra e a súa temática como detonante."

    Carmen Oviedo e Andrea De Pascual, do artigo "Ornitorrinco e outras curiosas criaturas: artes escénicas e educación para a transformación social".

    Inscricións:

    Dende o 15/01/2024 ata o 17/01/2024

    Espectáculos PRIMAVERA 2024

    • para os centros do municipio: a partir do luns 15 de xaneiro
    • para os centros doutros municipios: a partir do mércores 17 de xaneiro.

    Contacto:

    COORDINACIÓN DO PROGRAMA "Todo público: Teatro para centros escolares":

    Bettina Kohlhaas, Xosé Paulo Rodríguez e Montse García

    Correo electrónico: forummetropolitano@coruna.gal

    Teléfono: 981 184 297

    IMCE: avda. da Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes) 15001 A Coruña

    Teléfono: 981 184 233

    Correo electrónico: imce@coruna.gal

    AUDITORIO DO FÓRUM METROPOLITANO

    R/ Río de Monelos, 1 (15006)

    TEATRO ROSALÍA

    R/ Rego de Auga, 37 A (15001)

    Requisitos:

    MEDIDAS HIXIÉNICO-SANITARIAS NO AUDITORIO DO FÓRUM

    Aínda que a pandemia da COVID-19 xa está en fase de remisión, manteremos certas medidas hixiénico-sanitarias no programa escolar, de maneira que se realizará a limpeza, desinfección e ventilación do auditorio antes e despois de cada función.

    Por parte dos centros escolares, esperamos que actúen con responsabilidade e se absteñan de enviar aos espectáculos alumnado coa enfermidade sen máscara.

    Organiza:

    IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) e Servizo Municipal de Educación

    Enderezo:

    Rúa Río Monelos 1. 15006

    Documentos relacionados

    • Todo Público - Primavera 2024: EI EP (408 KB)
    • Todo Público - Primavera 2024: ESO BACH FP (335 KB)

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión