Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Todo público: teatro para centros escolares 2024-25 (outono)

O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar de forma segura.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

IMCE

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI (5 anos) e EP

Prezo / Custo:

Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/o para o alumnado de todos os niveis e gratuíta para o profesorado acompañante.

Obxecto:

Achegar as artes escénicas ao público infantil e xuvenil, en horario escolar.

CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN

• O 16 de setembro abrirase o prazo para que se poidan inscribir na oferta de outono 2024. Posteriormente serán informados do prazo de inscrición para a tempada de primavera 2025.

Agradecemos que cada grupo se inscriba nunha única obra de teatro durante o curso para que todos os centros teñan opción de inscribirse nalgunha das funcións.

Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/o para o alumnado de todos os niveis; e gratuíta para o profesorado acompañante.

• Cada grupo deberá estar acompañado, polo menos, por unha persoa responsable do centro.

• A programación de educación infantil está pensada para escolares a partir dos 5 anos.

• A capacidade máxima será de 300 espectadores/as (incluído o profesorado); ou o que estipule a lexislación sanitaria vixente en cada momento.

En función das características do espectáculo e do nivel dos/as escolares, pódese producir unha redución da capacidade da sala.

ADXUDICACIÓN:

  • As prazas adxudicaranse automaticamente por rigorosa orde de petición.
  • Se houber máis demanda de prazas que oferta, abrirase unha listaxe de agarda para cada función, co obxecto de cubrir posibles baixas de grupos ou centros.
  • IMPORTANTE: a aplicación informática de inscrición emite un informe da súa inscrición. Comprobe se ten as prazas adxudicadas ou se se atopan en listaxe de agarda.

RETIRADA E ABOAMENTO DAS ENTRADAS

1. As entradas deben retirarse e aboarse no prazo que consta no calendario que aparece a continuación.

2. No caso de que non se faga o pagamento no prazo estipulado, adxudicaránselle as entradas a outro centro escolar que estea na listaxe de agarda.

3. As entradas recolleranse no Fórum Metropolitano, con cita previa (chamando ao teléfono 981 184 297).

O pagamento poderase realizar en efectivo ou con tarxeta.

4. No momento de aboar as entradas, poderase reducir o número de reservas ou aumentalas se quedan prazas vacantes.

5. Permitiranse un máximo dun 10% de devolucións (sobre a reserva feita polo centro nun primeiro momento), coa condición de que non excedan de 10 entradas por función e centro. O importe será devolto ao remate da función, no Fórum. No caso de que fosen aboadas con tarxeta de crédito haberá que presentala.

6. A factura seralle enviada ao centro escolar unha vez realizada a función.

PAUTAS QUE HAI QUE SEGUIR NO FÓRUM PARA QUE O ESPECTÁCULO SEXA UN ÉXITO

1) Vimos todos/as a divertirnos e a gozar do teatro, sen esquecer respectar sempre o traballo das persoas que están no escenario e na sala.

Debemos seguir as instrucións do persoal da sala en todo momento e actuar con responsabilidade.

2) A hora destacada na entrada é a hora de inicio da función polo que os grupos deberían estar no Fórum polo menos 10 ou 15 minutos antes do inicio dela.

3) Agradécese puntualidade.

4) Agradécese que a entrada e a saída do edificio sexan en orde e no maior silencio posible, para lles evitar molestias ás persoas usuarias e traballadoras do Fórum.

5) Todas as persoas que asistan ao espectáculo accederán ao auditorio portando cada unha a súa entrada.

6) Unha vez que comece o espectáculo, non se permitirá o acceso ao auditorio.

7) Por seguridade, hai que deixar libres os corredores e as portas de emerxencia do auditorio.

8) Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función. Se queren unha foto de grupo, poderán sacala ao remate da función, logo do previo aviso á xefa de sala.

9) Non está permitido comer nin beber no auditorio.

PROGRAMACIÓN

Lugar: todos os espectáculos serán no Fórum Metropolitano.

TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos) E EDUCACIÓN PRIMARIA

Espectáculo

Compañía

Nivel educativo

Datas

Horario

Duración

Data tope de aboamento

ENTRECAJAS

Teatro Paraíso

(Euskadi)

EI (5 anos) - 1.º e 2.º EP

27 de setembro de 2024

10.00 e 12.00 h

60 min

24 de setembro

KYOKI

Elefante Elegante (Galicia)

EI (5 anos) - 1.º e 2.º EP

18 de outubro de 2024

10.00 e 12.00 h

45 min

11 de outubro

HUGO

Os Náufragos Teatro (Galicia)

3.º, 4.º, 5.º e 6.º EP

15 de novembro de 2024

10.00 e 12.00 h

45 min

8 de novembro

NANAI DA CHINA

Pérez&Fernández (Galicia)

EI (5 anos) - 1.º e 2.º EP

22 de novembro de 2024

10.00 e 12.00 h

50 min

15 de novembro

COMPAÑA

Xampatito Pato (Cataluña)

3.º, 4.º, 5.º e 6.º EP

13 de decembro de 2024

10.00 e 12.00 h

50 min

5 de decembro

Cando:

Dende o 27/09/2024 ata o 13/12/2024

A inscrición ábrese para centros do municipio o 16 de setembro de 2024 ás 09.00 h.

Aviso do 23/09/2024: Prazas esgotadas. Se desexa entrar nunha listaxe de agarda pode solicitalo chamando ao teléfono 981 184 297 ou a través do correo forummetropolitano@coruna.gal á atención de Montse.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Contacto:

AUDITORIO DO FÓRUM METROPOLITANO

R/ Río de Monelos, 1. 15006 A Coruña

COORDINACIÓN DO PROGRAMA

"Todo público: Teatro para centros escolares": Xosé Paulo Rodríguez

forummetropolitano@coruna.gal

T: 981 184 297

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Sede: Casa Paredes. Avda. dá Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes) 15001 A Coruña

Tel. 981 184 233

imce@coruna.es

Organiza:

IMCE. Instituto Municipal Coruña Espectáculos e Servizo Municipal de Educación

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Documentos relacionados

  • Programa de espectáculos para E. Infantil e E. Primaria (361 KB)

Descargar ZIP cos documentos relacionados.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible