Visitas dirixidas ao segundo ciclo de educación infantil e a todos os niveis de educación primaria
Só da Coruña
Bibliotecas
Complementaria
Alumnado de 4.º a 6.º de educación infantil e de 1.º a 6.º de educación primaria de centros educativos do municipio
CONTIDOS DAS VISITAS
Tanto no ciclo de Educación Infantil como en cada un dos tres ciclos de educación primaria os contidos abordados serán os seguintes:
DURACIÓN DAS VISITAS
Como norma xeral a duración estimada das visitas non excederá as 2 horas. En función da visita adxudicada comunicarase a duración exacta.
CENTROS ONDE SE OFERTA
As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:
CONDICIÓNS DO PROGRAMA
1. Unha vez asignada a visita, o profesorado comprométese a manter coa biblioteca os contactos necesarios para a súa preparación e a realizar co seu alumnado, no centro escolar, as actividades previas que se especifiquen para cada visita. Estes contactos serán entre a bibliotecaria municipal da biblioteca asignada e a persoa que vaia acompañar o alumnado á visita. Se despois de realizada a reunión inicial de preparación, se producise algún cambio con respecto á persoa acompañante, o centro deberá comunicarllo á biblioteca e a nova persoa acompañante deberá poñerse en contacto coa súa bibliotecaria de referencia para recibir as explicacións necesarias que garantan o mellor aproveitamento da actividade.
2. Coa finalidade de poder avaliar e mellorar o programa o profesorado deberá cubrir unha enquisa ao finalizar a visita.
3. A participación na visita inclúe a necesidade dunha actividade previa que o profesorado deberá realizar coas súas alumnas e alumnos na biblioteca escolar do centro. Unha vez asignada a visita, a bibliotecaria municipal comunicaralle á/ao mestra/o o tipo de acción para realizar. Serán propostas sinxelas como:
4. As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de visitas ofertadas, a biblioteca valorará que solicitudes serán finalmente aceptadas atendendo aos seguintes criterios:
5. Para a aceptación das solicitudes tamén se terá en conta se en cursos anteriores os centros escolares respectaron os compromisos recollidos nos puntos 1, 2 e 3.
6. As visitas asignaranse á biblioteca de referencia.
7. Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitaráselle á coordinadora do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas:
8. Unha vez asignada a visita a unha biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable do servizo ás escolas desa biblioteca.
9. O transporte, se fose necesario, correrá a cargo do centro educativo.
Dende o 10/01/2024 ata o 31/05/2024
Xa rematou
Dende o 16/10/2023 ata o 16/11/2023
Inscrición para os centros
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible