Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Visitas a diversas entidades da cidade e percorridos guiados para alumnado de centros educativos en horario escolar.
Localización do centro:
De calquera concello
Servizo municipal:
Educación
Tipo de actividade:
Complementaria
Titularidade do centro:
Público, Concertado, Privado
A quen vai dirixido?:
Alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Especial, en función dos requisitos das visitas.
Respectarase o número máximo de alumnado previsto en cada visita, para garantir tanto a seguridade como que se poidan ver os procesos e escoitar as explicacións con claridade.
Sesións de 90 minutos. O horario establecerase unha vez que estea elaborado o calendario.
As visitas son gratuítas.
Cada centro poderá solicitar unha única visita ou itinerario por grupo-clase.
Non se poderá solicitar a mesma visita ou percorrido para máis dun nivel por centro. Valoraranse as excepcións motivadas.
O programa ten establecido un número máximo de visitas e itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
O servizo municipal de educación (SME en diante) asigna as visitas (ver proceso de asignación) tendo en conta as condicións que indica a empresa e na medida dos posible as preferencias dos centros.
Unha vez que os centros teñen asignadas as datas definitivas deben de poñerse en contacto coa entidade (como máis tardar nas 48 horas anteriores a que se realice a actividade) para confirmar a visita e aclarar e/ou acordar calquera cuestión de interese.
A aplicación coa que xestionamos o programa envía aos centros un recordatorio das visitas que están previstas para os próximos días, así como unha ficha de avaliación para cada un das actividades.
Importante: No caso de que se anule ou cambie a data asignada como definitiva entre a entidade e o centro sempre se debe de comunicar esta cuestión ao Servizo Municipal de Educación. No caso de que non se realice esta comunicación en prazo, o SME non asumirá ningunha responsabilidade nin correrá cos cargos que se xeren co cambio de datas (ex: non dispoñibilidade de transporte para a nova data.)
Proceso de asignación das visitas
O SME abre un prazo do 15 de setembro ao 15 de outubro para solicitar as visitas a través da ficha específica do programa.
O SME adxudica provisionalmente as visitas e o 18 de novembro envía (a través da aplicación do programa) ao centro e á persoa rexistrada como coordinadora un correo coas datas asignadas.
Os centros teñen ata o 2 de decembro para comunicar calquera desconformidade coas datas asignadas, en caso de non facelo as datas provisionais enténdense que son adecuadas e pasarán a definitivas.
O SME asignará novas datas para as solicitudes que indicaron problemas coa data provisional e unha vez confirmadas as novas datas coa entidade e o centro pasarán a definitivas.
O 16 de decembro enviaremos a todos os centros un correo coas asignacións definitivas de datas para as visitas solicitadas. Este documento será o de referencia para as entidades, os centros e o SME ao longo do programa. Os centros deben comprobar que recibiron o correo e estar atentos ao calendario.
Servizo de transporte
O transporte é gratuíto para as "Escolas infantís Municipais", os CEIP e os IES da cidade.
O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada visita. Este horario pode axustarse en función da distancia do centro ao lugar de inicio do itinerario.
Os autobuses teñen 54 prazas, polo que en ningún caso pódense exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante).
Os centros que necesiten transporte adaptado deben solicitalo previamente.
Visitas e percorridos que se ofertan
Arquivo do Reino de Galicia
Biblioteca pública "González Garcés"
Castelo de San Antón
Castro de Elviña
Cidade Medieval
CMIX
Coca-cola
Coñece o bus urbano da túa cidade
El Ideal Gallego - DXT Campión
Fabricación de Eléctrodos de Grafito: Sowa Denko Carbon
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible