As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Organizadas como visitas guiadas ás instalacións, complementadas con charlas informativas sobre o sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais.
O alumnado asistente e o profesorado dos departamentos de Orientación recibirán a guía TI ELIXES 2024, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de educación secundaria, Formación Profesional, estudos superiores e universitarios, así como recursos de procura de emprego.
De calquera concello
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e F.P. que desexe coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os estudos superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.
Acceso ás xornadas
O alumnado ten que presentar a credencial correspondente para poder acceder ás XOAP.
A organización pode solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.
Organización
CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS. SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Pazo Municipal. Praza de María Pita, 1- 3.º andar. 15001 A Coruña
Tel.: 981 184 200. ext. 10259
Horario: de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 h
educacion@coruna.gal www.coruna.gal/educacion
REDE DE INFORMACIÓN XUVENIL
Espazo de información xuvenil - Fórum Metropolitano. Tel. 981 184 294
Espazo de información xuvenil - Naves do Metrosidero. Tel: 606 362 366 ou 981 184 200 ext 88038. Avda. do Metrosidero, s/n, Nave 03.
Espazo de información xuvenil - Centro Ágora. Tel. 981 189 888 (ext. 34324// 34325)
Horario: de luns a venres, das 10.00 ás 14.00 e das 17.00 ás 20.00 h. sábados das 10.00 ás 14.00 h.
Telegram //Whatsapp: 606 362 366.
cmix@coruna.gal www.coruna.gal/informacionxuvenil
Dende o 15/04/2024 ata o 22/04/2024
Xa rematou
Dende o 01/04/2024 ata o 08/04/2024
A solicitude en liña faina directamente a persoa interesada en acudir ás xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas ás que quere acudir, así como os seus datos persoais. Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un PDF que confirma a inscrición, no cal se incorpora a credencial de acceso ás XOAP. Este PDF envíase ao correo electrónico indicado no formulario.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible