Concello da Coruña

Concello da Coruña

XX Rebumbio matemático 2020-21

Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos centros docentes de Galicia matriculados en 6.º de EP

Horario:

De 10.30 a 13.00 h

Os centros, a través de equipos formados por tres alumnas/vos, traballan na resolución de problemas matemáticos de maneira cooperativa.

O programa ten as seguintes fases:

  • Fases de centro que se realiza durantel o mes de marzo no propio colexio. Antes do 3 de abril, cada centro comunicará os nomes dos participantes que forman cada equipo, cubrindo a ficha do formulario de zona
  • Fases zonais na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. A realizar o día 21 de abril ás 16:30 horas en cada unha das sedes. Os resultados serán publicados o 4 de maio.
  • Final galega. Realizarase o venres 28 de maio ás 10:30 horas no local que se designe.

Nas Fase de Zona e na Fase Final galega, os/as alumnos/as deberán levar o material que consideren necesario para a resolución das probas (bolígrafo, lapis regula, calculadora, etc.) Facilitaráselles papel.

Tamén será imprescindible que en ambas as fases cada alumno/a identifíquese co seu DNI ou, na súa falta, co certificado acreditativo correspondente do Centro Educativo.

O XX Rebumbio Matemático día a día

Cando:

Dende o 01/03/2021 ata o 28/05/2021

Importante: A realización deste programa está condicionado á evolución da pandemia do COVID 19.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/01/2021 ata o 28/02/2021

Inscrición para os centros

Os centros que desexen participar formalizarán as súas inscricións a través do Formulario de inscrición.

Contacto:

Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema)

info@agapemacoruna.com

www.agapema.org

Máis información:

Servizo municipal de Educación

Teresa Delgado López

Tel.: 981 184 200 ext. 12039

educacion@coruna.es

Documentos relacionados

  • Comunicado final (537 KB)
  • XX Rebumbio Matemático: lista de grupos seleccionados fase Final (51 KB)
  • Bases XX Rebumbio Matemático (199 KB)
  • Participantes XX Rebumbio Matemático (32 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión